Piqué (tecido)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lazo de piqué
Vista microscópica dun tecido de piqué

O piqué[1] , punto imperial[2] ou marsella é un tecido fraccionado de doce en doce fíos, normalmente usado con fío de algodón, que se caracteriza porque a metade dos fíos levantados de cada sección cambia alternativamente en cada pasada. O algodón de Twilled[3] e o algodón cordado son familiares próximos.

Contén máis amidón que a tea lisa, o que produce unha fronte de camisa máis tesa. O uso do piqué é practicamente a única tea usada na gravata e chaleco do frac. Hoxe emprégase sobre todo para gravatas, polos e vestidos de muller, principalmente.

O tecido foi desenvolvido pola industria do algodón de Lancashire a finais do século XVIII como unha técnica mecanizada para tecer panos dobres cunha pesada trama de fíos incluída. Foi utilizado orixinalmente para facer imitacións dos edredóns fiados da Provenza feitos en Marsella, a fabricación dos cales se converteu nunha importante industria para Lancashire de fins do século XVIII a principios de século XX.

O termo "marcella" é unha de tantas variantes da palabra "Marseilles".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2022-01-27. 
  2. "Polo piqué em algodão". AD Portugal (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2022. Consultado o 2022-01-27. 
  3. "161 Términos técnicos para tecidos". www.kingwinyarn.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2022. Consultado o 2022-01-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Oriol Ronquillo, José (1857). Diccionario de materia mercantil, industrial y agrícola (en castelán). Barcelona: Imprenta de Agustín Gaspar. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]