La Nucia
Aparencia
la Nucia (ca) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | Provincia de Alacant | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Marina Baixa | ||||
Capital | La Nucía (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 18.970 (2023) (888,11 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 21,36 km² | ||||
Altitude | 226 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Bernabé Cano García | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 03530 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 03094 | ||||
Código ARGOS de concellos | 03094 | ||||
Páxina web | lanucia.es |
La Nucia [la nu'sia] é un concello da Comunidade Valenciana situado na provincia de Alacant, na comarca da Marina Baixa, ao norte de Benidorm. Conta con 18.624 habitantes (INE 2022).
Xeografía
[editar | editar a fonte]La Nucia atópase nun val de árbores froiteiras entre Polop, Benidorm e Callosa d'en Sarrià a 3 km da costa de Altea. O casco urbano sitúase nun promontorio con vistas ao mar Mediterráneo, 51 km ao norte de Alacant e 8 km ao norte de Benidorm.
Desde Alacant accédese á localidade pola AP-7 ou a N-332, collendo despois a CV-70 á altura de Benidorm.
Barrios e pedanías
[editar | editar a fonte]No termo municipal de La Nucia atópanse tamén os seguintes núcleos de poboación:
- Barranc Fondo
- Coloma
- Bell Horitzó
- El Tossal
Municipios limítrofes
[editar | editar a fonte]La Nucia limita cos municipios de Altea, Callosa d'en Sarrià, Benidorm, Polop e l'Alfàs del Pi.