Lévitha
Lévitha - Λέβιθα | |
---|---|
Λέβιθα | |
Vista aérea de Levitha | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Grecia |
Arquipélago | Dodecaneso |
Mar | Mar Exeo |
Coordenadas | 37°00′40″N 26°27′35″L / 37.01111, -26.45972 |
Xeografía | |
Superficie | 9,121 km² km² |
Longura máxima | 6,5 km |
Largura máxima | 2,5 km |
Punto máis alto | 130 m (Vardia) |
Demografía | |
Poboación | 8 |
Lingua propia | Grego |
Lévitha (Grego: Λέβιθα) ou Lebynthos é unha pequena illa situada ao leste do mar Exeo, entre Cos e Paros, forma parte das illas do Dodecaneso. A poboación da illa en (2009) era de tres persoas, unha familia cun neno que tratan de levar unha forma de vida ecolóxica combinando o cultivo das terras co uso de enerxías renovables. A superficie total da illa é 9,2 km² e a súa lonxitude total de liña de costa é de 34 km.
Historia
[editar | editar a fonte]Na antigüidade a illa tiña o nome de Levinthos (Λέβινθος). A illa é mencionada en dúas das obras de Ovidio, Ars Amatoria e Metamorfoses, en relación coa saga de Dédalo e Ícaro. Mentres escapan de Creta, Dédalo e Ícaro voaron sobre Lebynthos. Tamén é nomeada na Xeografía de Estrabón.
Identificáronse restos de antigos edificios que ao parecer estaban relacionados co desenvolvemento dun pequeno pobo de pescadores. Durante o período romano Levitha debido a súa localización remota foi usada como un lugar de exilio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lévitha |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Portal do mar Exeo, información xeral sobre Levitha, (en grego)
- GR 163 Kinaros e Levitha. As illas e illotes rochosos Arquivado 03 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine., (en inglés)
- Natura 2000 GR 4220012[Ligazón morta], en grego