Kutná Hora
Coordenadas: 49°57′00″N 15°16′01″L / 49.95000, -15.26694
Kutná Hora | |||
---|---|---|---|
Praza principal | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Rexión | Bohemia Central | ||
Xeografía | |||
Altitude | 254 msnm | ||
Superficie | 33,05 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 20 470 hab. (2013) | ||
Densidade | 640 hab./km² | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Ivo Šanc | ||
www.kutnahora.cz |
Kutná Hora é unha vila da República Checa, capital do distrito do mesmo nome na rexión de Bohemia Central. En 2013 tiña 20.470 habitantes.
Historia[editar | editar a fonte]
A vila naceu no século XIII, ligada ás minas de prata que hai nas proximidades, se ben a explotación das mesmas data polo menos do século X, pois atopáronse dínares de prata de finais dese século no asentamento de Malín. Tivo unha grande riqueza económica por mor do título outorgado por Wenceslao II de Bohemia, e até o século XVI tivo gran relevancia, chegando a competir con Praga en poder económico, cultural e político.
En 1420 o emperador Sexismundo estableceu na vila a base militar desde onde atacar aos Taboritas durante as guerras husitas. Esta campaña militar acabou coa toma da cidade por Jan Žižka, que a levou a outro período de esplendor económico. Porén, despois da reconciliación das partes contendentes, a vila foi incendiada polas tropas imperiais para evitar que volvese caer en mans dos Taboritas.
En 1541 as minas sufriron unha inundación, e a insurrección de Bohemia contra Fernando I de Habsburgo fixo que a cidade perdese os seus privilexios. A Guerra dos Trinta Anos e varias epidemias de peste fixeron que a vila perdese definitivamente toda a importancia que tivera no pasado.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Kutná Hora: centro histórico da vila, Igrexa de Santa Bárbara e Catedral da Nosa Señora en Sedlec | |
---|---|
![]() Vista xeral | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 49°56′54″N 15°16′06″L / 49.94833, -15.26833 |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, IV |
Inscrición | 1995 (19ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 732 |
O centro histórico de Kutná Hora foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1995, destacando nel a Igrexa de Santa Bárbara (iniciada en 1388 e rematada en 1905) e a Catedral da Nosa Señora en Sedlec[1].
Outros lugares de interese son a capela do Corpus Christi, o Castelo Real (tamén chamado Patio Italiano), o claustro das Ursulinas (século XVIII), a colexiata de Santiago, o colegio dos Xesuítas, a columna votiva da peste e as igrexas de Santiago e San Xoán Nepomuceno.
No barrio de Sedlec están dous dos monumentos máis importantes da vila: a Capela funeraria de Todos os Santos, co seu osario, e a igrexa da Nosa Señora.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Escudo dos Schwartzenberg.
Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Kutná Hora: Historical Town Centre with the Church of St Barbara and the Cathedral of Our Lady at Sedlec", UNESCO Culture Sector (en inglés).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Kutnohorita, mineral así chamado por ser descuberto nas minas da vila.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Kutná Hora |
- Kutná Hora (en checo).