Kusamakura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kusamakura
草枕
Autor/aNatsume Sōseki
OrixeXapón
LinguaXaponés
Xénero(s)Novela
Data de pub.1906
Precedido porBotchan (1906)
Seguido porShumi no iden (1906)
editar datos en Wikidata ]

Kusamakura (xaponés: 草枕; lit. "Almofada de herba") é unha novela de Natsume Sōseki, publicada no 1906. O autor describíuna como unha "novela haiku", polo seu peculiar estilo de escrita.[1]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Kusamakura conta a historia dun artista que se retira a un afastado hotel nas montañas, onde coñece á súa anfitrioa, O-Nami, que lle recorda á Ophelia (c. 1851) de John Millais (1829-1896). Malia estar á procura de temas para pintar, pasa a meirande parte do seu tempo escribindo poesía. As súas poesías intégranse nun texto que reflicte escenas da súa vida de reclusión. Estas meditacións conteñen numerosas citas e referencias a pintores e escritores xaponeses, chineses e europeos. Por exemplo, o protagonista analiza a diferenza entre poesía e pintura defendida por Ephraim Lessing (1729-1781) no seu Laokoon oder Ueber die Grenzen der Malerei und Poesie ("Laocoonte, ou Sobre os principios da arte e da poesía", 1766). Outros autores mencionados na obra son Wang Wei (699-759), Matsuo Bashō (1644-1694), Laurence Sterne (1713-1768), Oscar Wilde (1854-1900) e Henrik Ibsen (1828-1906).

O duodécimo capítulo contén un panexírico polo pasamento de Misao Fujimura (1886-1903), un estudante de Sōseki que se suicidou nas cataratas de Kegon. O escritor descríbeo como un acto heroico en nome da poesía.[2][3]

Traducións[editar | editar a fonte]

En castelán[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Kusamakura: Almohada de hierbas". www.lecturalia.com. Consultado o 01-04-2024. 
  2. Asakura (2005): 45.
  3. 3,0 3,1 Sōseki (2021).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]