Kunashir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kunashir
ruso: Кунаши́р; xaponés: 国後島
Localización da illa
Situación
PaísRusia Rusia (Reclamada por Xapón)
ÓblastÓblast de Sakhalin
ArquipélagoIllas Kuriles
MarMar de Okhotsk
Coordenadas44°07′N 145°51′L / 44.117, -145.850Coordenadas: 44°07′N 145°51′L / 44.117, -145.850
Xeografía
XeoloxíaIlla volcánica
Superficie1.489´27 km²
Longura máxima123 km.
Largura máxima4 - 30 km.
Punto máis alto1.819 m. Tiatia
Demografía
CapitalJuschno-Kurilsk
Poboación7.800 hab. (2002)

Illa Kunashir (ruso: Кунаши́р; xaponés: 国後島, Kunashiri-tō; ainu: クナシㇼ or クナシㇽ, Kunasir), posiblemente significando a "illa negra" ou a "illa herbosa" en Ainu é a illa máis meridional das illas de Kuriles, un arquipélago actualmente baixo control de Rusia, entre as cales catro (entre elas a illa Kunashiri) son reclamados polo Xapón (ver disputa das Illas Kuriles).

Atópase entre o estreito da Illa Kunashir, Catherine, Izmena, e Kuril Sur. A illa de Kunashir é visible desde a próxima illa xaponesa de Hokkaido, da cal está separada polo estreito de Nemuro.

A illa Kunashir está formada por catro volcáns que eran illas separadas pero que se uniron desde entón por áreas baixas con lagos e augas termales. Todos estes volcáns seguen activos: Tyatya (1.819 m), Smirnov, Mendeleev (Rausu-yama), e Golovnin (Tomari-yama).[1]

A illa está formada por rochas volcánicas e cristalinas. O clima é continental húmido con precipitacións moi fortes especialmente no outono e un forte atraso estacional con temperaturas máximas en agosto e setembro. A vexetación componse principalmente de abetos, piñeiros, abies, e bosques mixtos Caducifolios con lianas e arbustos de bambú. As montañas están cubertas de bidueiros e piñeiros anano de Siberia, flores herbáceas ou rochas espidas.

En xullo de 2001 atopáronse carballos centenarios (Quercus crispula) na illa de Kunashiri.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

En 1789 a illa Kunashir foi un dos escenarios da batalla de Menashi-Kunashiri na cal o pobo Ainu se rebelou contra os comerciantes e colonos xaponeses.

O navegante ruso Vasily Golovnin intentou cartografar e explorar a illa en 1811, pero foi detido polas autoridades xaponesas e pasou dous anos en prisión.

O 1 de setembro de 1945, ou un día antes de que os documentos de rendición da segunda guerra mundial fosen asinados o 2 de setembro de 1945, de acordo coas decisións tomadas na Conferencia de Yalta, a Unión Soviética adquiriu as Illas Kuriles. O goberno xaponés afirma que os Territorios do Norte non eran parte das Illas Kuriles, debido a razóns históricas. Isto ocorreu despois de que a Unión Soviética renunciara ao Pacto de Neutralidade Soviético-Xaponés en abril de 1945 e declarara a guerra ao Xapón o 9 de agosto de 1945 (oficialmente, o pacto mantívose en vigor ata o 13 de abril de 1946).

Volcán Mendeleyev
Sulfuric River, Illa Kunashir

Asentamentos[editar | editar a fonte]

O establecemento máis grande na illa de Kunashir é Yuzhno-Kurilsk (Centro administrativo do ditrito Yuzhno-Kurilsky).

Economía[editar | editar a fonte]

A principal actividade económica é a industria pesqueira. A illa ten un porto á beira de Yuzhno-Kurilsk.

Transporte[editar | editar a fonte]

A illa é atendida polo aeroporto de Yuzhno-Kurilsk Mendeleyevo.

Poboación[editar | editar a fonte]

Despois do terremoto de 1994 nas Illas Kuriles, aproximadamente un terzo da poboación da illa de Kunashir foise e non regresou. En 2002, a poboación da illa era de aproximadamente 7.800 habitantes. A poboación total das disputadas illas Kuriles nese momento era de aproximadamente 17.000 habitantes.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Volcanoes
  2. Palaeogeography, Palaeoclimatology, Palaeoecology
  3. Yuzhno-Kurilsk Journal; Between Russia and Japan, a Pacific Tug of War — The New York Times, 2002

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]