Kumārajīva
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 344 Caxemira |
Morte | 413 (Gregoriano) (68/69 anos) Chang'an |
Relixión | Budismo |
Actividade | |
Ocupación | tradutor, escritor |
Movemento | Madhyamaka (pt) e Prajnaparamita (en) |
Alumnos | Q97695692 , Daosheng (en) , Sengzhao (en) , Sengrui (en) , Tanying (en) , Senglüe (en) , Huiyan (en) , Huìguān (en) , Daochang (en) e Daobiao (en) |
Familia | |
Pais | Kumārāyana e Jīva |
Descrito pola fonte | Livro de Jin (pt) |
Kumārajīva (devanagari: कुमारजीव; chinés tradicional: 鸠摩罗什; chinés simplificado: 鳩摩羅什; pinyin: Jiūmóluóshí; Wade-Giles: Chiu1-mo2-lo2-shih2; xaponés: Kumarajū 鳩摩羅什; coreano: Kumarajiba 쿠마라지바; vietnamita: Cưu-ma-la-thập), nado no reino de Kucha en 344 e finado en Chang'an en 413 foi un monxe budista, estudoso, misioneiro e tradutor.[1] Comezou estudando as ensinanzas das escolas Sarvastivada, despois estudou co monxe Buddhasvāmin e finalmente converteuse nun seguidor do budismo Mahayana, estudando a doutrina Mādhyamaka de Nāgārjuna.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai, Kumārāyana, fillo dun ministro dun dos reinos da India, renunciou ao seu dereito á posición hereditaria como ministro para facerse monxe. A súa nai foi Jīvaka, a irmá máis nova do rei cuxana nun dos reinos de Asia Cenctral. Cando Kumārajīva tiña sete anos, a súa nai renunciou á vida secular para entrar ao sacerdocio e percorreu xunto a el a India e outros países afondando nos seus coñecementos sobre budismo. Primeiro estudou budismo Hinayana e máis tarde recibiu instrución no budismo Mahāyāna tendo como mestre a Shuryasoma. Cando regresou á súa casa, comezou a propagar o budismo Mahāyāna, e a súa reputación estendeuse ata a China.
No ano 328 Fu Chien, gobernante da dinastía Jin, ordenou ao xeneral Li Kuang invadir Kushana e outros países, e que trouxese no seu regreso á capital Chang'an a Kumārajīva.[2] Li Kuang tomou a Kumārajīva prisioneiro, pero no camiño de regreso decatouse da caída da dinastía Jin.[3] Li Kuang decidiu permanecer en Liang-chou onde mantivo a Kumārajīva prisioneiro durante dezaseis anos. Finalmente, Kumārajīva terminou o seu camiño a Chang-an no ano 401 a invitación de Yao Hsing gobernante da dinastía Jin tardía. Alí foi nomeado mestre da nación e mergullouse na tradución das escrituras budistas.
Traducións
[editar | editar a fonte]De acordo á colección de textos concernentes aos Tripitaka, traduciu 35 obras en 294 volumes, lográndoo en só dez anos. Entre as súas traducións máis salientables están o Sutra do Loto, o Sutra Gran Sabedoría, o Sutra Pequena Sabedoría, o Sutra Vimalikirti, o Sutra Rei Benevolente, o Sutra Amida, as Dez Divisións de Regras Monásticas, os Tratados da Gran Perfección e Sabedoría, os Tratados do Camiño do Medio, o Tratado dos Cen Versos, o Tratado dos Vinte Portóns e o Tratado de Establecemento da Verdade.
As traducións de Kumārajīva foron encomiadas polas xeracións posteriores, pola súa excelencia e claridade. Estas influírron fondamente o subseguinte desenvolvemento do budismo na China e no Xapón. Kumārajīva tamén deixou moitos discípulos, máis de trescentos segundo algunhas fontes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pollard 2015, p. 287.
- ↑ Kumar, Yukteshwar. A History of Sino-Indian Relations, 2005. páx. 107
- ↑ Nan, Huai-Chin. Basic Buddhism: Exploring Buddhism and Zen, 1997. páx. 84
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kumārajīva |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- The Soka Gakkai Dictionary of Budhism ISBN 4-412-01205-0
- Pollard, Elizabeth (2015). Worlds Together Worlds Apart. 500 Fifth Ave New York, NY: W.W. Norton Company Inc. pp. 287. ISBN 978-0-393-91847-2.