Saltar ao contido

Ksar El Kebir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaKsar El Kebir
‫القصر الكبير‬ (ar)
ⵍⵇⵚⵔ ⵍⴽⴱⵉⵔ (tzm) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 35°00′N 5°54′O / 35, -5.9
Monarquía constitucionalMarrocos
RexiónTánxer-Tétouan-Al Hoceïma
Province of Morocco (en) TraducirLarache (província) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación126.617 (2014) Editar o valor en Wikidata
Número de fogares29.514 (2014) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude21 m Editar o valor en Wikidata

Páxina webksarelkebir.ma Editar o valor en Wikidata

Ksar [1] El Kebir, tamén transcrito Alcácer-Quibir (a variante máis común en portugués), Alcazarquivir (a variante máis común en castelán), Alcácer-Quivir, al Quasr al-kibr, Alcassar, Kasar al Kebir, Ksar el Kébir, Al-Kasr al-Kbir ou Ksar el-Kebir, en árabe: معركة وادي المخازن ou noutra variante árabe: القصر الكبير ; en bérber: ⵍⵇⵚⵔ ⵍⴽⴱⵉⵔ, é unha cidade marroquina en Quibiroco/ Quibir, situada ao longo do río Loukkos, preto de Larache, na rexión de Tánxer-Tetuán-Al-Hoceima, na provincia de Al-Hoceima ou Alhucemas.[2]

A cidade en 1900.

A cidade é historicamente coñecida pola batalla aquí librada o 4 de agosto de 1578 entre os exércitos de Sebastián I de Portugal e Abu Marwan Abd al-Malik I, sultán de Marrocos. Ambos gobernantes morreron na batalla pero as forzas portuguesas foron derrotadas rematando o intento de situar no trono a outro aspirante, e á pretensión de controlar o territorio do actual Marrocos desde tempos de Mohammed o Portugués.

As guerras civís do século XIX marcaron o declive da cidade, até que en 1911 foi integrada no Protectorado Español de Marrocos. Converteuse nunha base militar para os Regulares, e tras a independencia de Marrocos en 1956 converteuse nun núcleo agrícola da rexión de Lucus-Gharb, con mercado local os domingos.

A cidade foi tamén o fogar dunha grande comunidade xudía formada na súa maioría por sefardís de fala haketiana.[3] A comunidade, animada por axentes sionistas vinculados á Axencia Xudía e posteriormente polo Mossad, emigrou en masa a Israel e Francia durante os anos 50 e 60 do século XX.

Topónimo

[editar | editar a fonte]

O nome de Ksar El Kebir significa "gran palacio" ou "gran fortaleza"[2] contrasta coa cidade de Ksar Es Seghir, que significa "pequeno castelo", situada máis ao norte de Ksar El Kebir.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situada na provincia de Tetuán, nunha zona rica en bosques de sobreiras, a cidade é un cruzamento ferroviario conectado con Larache (al-ʿArāʾish) e Asilah (Aṣīla) e coa gran liña de ferrocarril que une Marrakech con Tunisia.

  1. A metátese adoita atoparse na lingua árabe falada.
  2. 2,0 2,1 "▷ Alcazarquivir o también llamada Ksar el Kebir". Turismo de Marrocos (en castelán). 2011-04-23. Consultado o 2022-12-26. 
  3. Laskier, Michael M. (1983-01-01). The Alliance Israelite Universelle and the Jewish Communities of Morocco, 1862-1962 (en inglés). SUNY Press. ISBN 978-0-87395-656-7. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.