Konstantin Tsiolkovskii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Konstantin Tsiolkovsky")
Konstantin Tsiolkovsky
Tsiolkovsky.jpg
Konstantín Tsiolkovsky
Datos persoais
Nacemento 17 de setembro de 1857
Lugar Izhevskoe
Falecemento 19 de setembro de 1935
Lugar Kaluga
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia
Nacionalidade Rusia Rusia
Unión Soviética Unión Soviética
Etnia
Cónxuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo Astronáutica
Alma máter
Institucións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por Ecuación do foguete de Tsiolkovsky
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|220px]]

Konstantin Eduardovich Tsiolkovsky (en ruso: Константин Эдуардович Циолковский) nado en Izhevskoe (Ryazán) o 17 de setembro de 1857 e finado en Kaluga o 19 de setembro de 1935, foi un científico ruso, pioneiro na teoría da Astronáutica e impulsor teórico dos foguetes espaciais. As súas obras máis tarde inspiraron os principais enxeñeiros de foguetes como Sergey Korolev e Glushko Valentín e contribuíron ao éxito do programa espacial soviético.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nos seus primeiros anos viviu en Ryazan, ao sur de Moscova. Cando tiña 10 anos unha febre produciulle a perda completa da audición do oído esquerdo, o que o imposibilitou o resto da súa vida.

Aos 16 anos trasladouse a Moscova onde aprendeu por si mesmo matemáticas, mecánica analítica, astronomía física e química na biblioteca de Moscova.

En 1897 construíu o primeiro túnel de vento de Rusia, o que permitiu comprobar características aerodinámicas de modelos de aeronaves diferentes. A academia das ciencias outorgoulle diñeiro para construír un túnel de vento máis grande.

Inspirado pola novela Da terra á lúa de Jules Verne teorizou moitos aspectos dos viaxes espaciais e da propulsión de foguetes.

Está considerando o pai dos voos espaciais e a primeira persoa en concibir un ascensor espacial.[1]

Con 22 anos o Ministerio outorgoulle unha praza de mestre, profesión que exerceu ata a súa xubilación en 1920.

Publicacións científicas[editar | editar a fonte]

Proxecto da primeira nave espacial por Konstantin Tsiolkovsky.

As súas primeiras publicacións, como O problema de voar por medio de ás (1890-1891), trataban sobre aviación.

Gradualmente Tsiolkovskiy foi centrar a súa atención nos voos espaciais e comezou a escribir sobre o espazo. O seu libro Gryozy o zemie i Nebe (Soños da Terra e do Ceo) foi publicado en 1895; o ano seguinte publicou un artigo sobre como comunicarse con seres de outro planeta.

En 1891 publicou investigación do espazo por medio de motores de reacción definindo os cálculos básicos dos voos espaciais modernos. Tsiolkovskiy describiu en profundidade o uso de foguetes para o lanzamento de naves espaciais orbitais.

Estableceu a relación de masas dos foguetes e en consecuencia a fórmula fundamental da astronáutica. Propuxo o sistema de foguetes segmentados, aceptado universalmente, e a substitución do combustible sólido da época por propergol líquido, de maior rendemento.

A época entre 1910 e 1920 demostrou ser especialmente produtiva, publicou dez grandes obras que tentaban esclarecer a natureza dos corpos en órbita, o desenvolvemento de principios científicos de vehículos de reacción, diseño de estacións espaciais orbitais ou os viaxes interplanetarios.


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Konstantin Tsiolkovskii
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Konstantin Tsiolkovskii

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]