Konstantin Tsiolkovskii
Konstantin Tsiolkovskii | |
---|---|
![]() Konstantin Tsiolkovskii | |
Datos persoais | |
Nacemento | 17 de setembro de 1857 |
Lugar | Izhevskoe |
Falecemento | 19 de setembro de 1935 |
Lugar | Kaluga |
Soterrado | Kaluga |
Nacionalidade | ![]() ![]() |
Cónxuxe | sen etiquetar |
Fillos | sen etiquetar |
Actividade | |
Campo | Astronáutica |
Alma máter | Vyatka men's gymnasium |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Ecuación do foguete de Tsiolkovskii |
Premios | Bandeira Vermella do Traballo, Order of Saint Anna, 3rd class, Order of Saint Stanislaus, 3rd class, Order of Saint Stanislaus e Ordem de Santa Ana |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Konstantin Eduardovich Tsiolkovskii (en ruso: Константин Эдуардович Циолковский) nado en Izhevskoe (Riazan) o 17 de setembro de 1857 e finado en Kaluga o 19 de setembro de 1935, foi un científico ruso, pioneiro na teoría da Astronáutica e impulsor teórico dos foguetes espaciais. As súas obras máis tarde inspiraron os principais enxeñeiros de foguetes como Sergey Korolev e Glushko Valentín e contribuíron ao éxito do programa espacial soviético.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nos seus primeiros anos viviu en Ryazan, ao sur de Moscova. Cando tiña 10 anos unha febre produciulle a perda completa da audición do oído esquerdo, o que o imposibilitou o resto da súa vida.
Aos 16 anos trasladouse a Moscova onde aprendeu por si mesmo matemáticas, mecánica analítica, astronomía física e química na biblioteca de Moscova.
En 1897 construíu o primeiro túnel de vento de Rusia, o que permitiu comprobar características aerodinámicas de modelos de aeronaves diferentes. A academia das ciencias outorgoulle diñeiro para construír un túnel de vento máis grande.
Inspirado pola novela Da terra á lúa de Jules Verne teorizou moitos aspectos dos viaxes espaciais e da propulsión de foguetes.
Está considerando o pai dos voos espaciais e a primeira persoa en concibir un ascensor espacial.[1]
Con 22 anos o Ministerio outorgoulle unha praza de mestre, profesión que exerceu ata a súa xubilación en 1920.
Publicacións científicas[editar | editar a fonte]
Gradualmente Tsiolkovskii foi centrar a súa atención nos voos espaciais e comezou a escribir sobre o espazo. O seu libro Грезы о Земле и небе, Greozy o zemie i Neve (Soños da Terra e do Ceo) foi publicado en 1895; o ano seguinte publicou un artigo sobre como comunicarse con seres doutro planeta.
En 1903 aparecía publicado no número cinco da revista Nauchnoe Obozrenie a súa Изследование мировых пространств реактивными приборами Izsledovanie mirobykh prostranstv reactivymi privorami ( Investigación do espazo por medio de motores de reacción) definindo os cálculos básicos dos voos espaciais modernos. Tsiolkovskii describiu en profundidade o uso de foguetes para o lanzamento de naves espaciais orbitais.
Estableceu a relación de masas dos foguetes e en consecuencia a fórmula fundamental da astronáutica. Propuxo o sistema de foguetes segmentados, aceptado universalmente, e a substitución do combustible sólido da época por propergol líquido, de maior rendemento.
A época entre 1910 e 1920 demostrou ser especialmente produtiva, publicou dez grandes obras que tentaban esclarecer a natureza dos corpos en órbita, o desenvolvemento de principios científicos de vehículos de reacción, deseño de estacións espaciais orbitais ou as viaxes interplanetarios.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ http://www.spaceward.org/elevator-who Arquivado 23 de xullo de 2012 en Wayback Machine. (en inglés).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Konstantin Tsiolkovskii |
![]() |
A Galicitas posúe citas sobre: Konstantin Tsiolkovskii |