Konstantin Paustovski
Konstantin Paustovski | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 31 de maio de 1892 e 19 de maio de 1892 |
Moscova | |
Falecemento | 14 de xullo de 1968 |
Moscova | |
Soterrado | Tarusa |
Nacionalidade | Imperio Ruso e Unión Soviética |
Etnia | Pobo ucraíno |
Alma máter | Universidade Estatal de Moscova |
Ocupación | escritor, xornalista, escritor de literatura infantil e dramaturgo |
Premios | Orde de Lenin, Bandeira Vermella do Traballo, Medal "For Courage", Medal "For the Defence of Odessa", Jubilee Medal "65 Years of Victory in the Great Patriotic War 1941–1945" e Bandeira Vermella do Traballo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Konstantin Paustovski, nado o 31 de maio de 1892 en Moscova e finado o 14 de xullo de 1968, foi un escritor soviético.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Moscova, fillo dun ferroviario que descendía dunha liñaxe de cosacos e da filla dun intelectual polonés, pero medrou en Ucraína, estudou en Kiev e en 1912 matriculouse na universidade, primeiro realizando estudos de historia natural e despois de dous anos de dereito, pola Primeira Guerra Mundial interrompeu os seus estudos, traballou como paramédico nun tren hospital e tras a morte de dous irmáns volveu a Moscova con súa nai e despois traballou en fábricas metalúrxicas de Dnipropetrovsk e Donestk. En 1916 trasladouse a Tanganrog e alí comezou a escribir a que sería a súa primeira novela, Romantiki que non publicou ata 1935, Paustovski comezara a escribir mentres estudaba no instituto e en 1911 unha revista de Kiev publicáralle o seu primeiro relato. Con todo, o primeiro libro publicado foi o conxunto de relatos Morskiye Nabrosk en 1925. Kara-Bogaz (1932) constituíu un éxito e permitiulle dedicarse por enteiro á literatura. Durante a Segunda Guerra Mundial foi correspondente de guerra.