Komodo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Komodo
Komodo Island north aerial.jpg
Vista aerea do norte da illa
Localización da illa
Localización da illa
Situación
País Flag of Indonesia.svg Indonesia
Provincia Nusa Tenggara Oriental
Arquipélago Illas menores da Sonda
Mar Mar de Savu - mar de Flores (Océano Índico)
Coordenadas 8°55′S 119°45′L / -8.917, -119.750Coordenadas: 8°55′S 119°45′L / -8.917, -119.750
Xeografía
Superficie 390 km²
Perímetro 158 km
Punto máis alto Monte Satalibo (735 m)
Demografía
Capital Komodo
Poboación 2.000 hab.
Densidade 5´13 hab./km²

Komodo é unha das 17.508 illas que compoñen a República de Indonesia. A illa é particularmente famosa como o hábitat do dragón de Komodo, o lagarto máis grande na terra, que leva o nome da illa. A illa de Komodo ten unha superficie de 390 quilómetros cadrados e unha poboación humana de máis de dous mil habitantes. O pobo da illa é descendiente de ex convictos que foron exiliados á illa e que se mesturaron cos Bugis de Sulawesi.

Situación[editar | editar a fonte]

Komodo está no medio do arquipélago de Sonda, entre o arquipélago veciño de Sumbawa ao leste e o de Flores ao leste. (8.55° S, 119.45° E), ten unha extensión de 390 quilómetros cadrados.

Habitantes[editar | editar a fonte]

Os habitantes da illa, que suman 2000, descenden de antigos presos que foron exiliados, que se mesturaron cos Bugis de Célebes. A maioría da poboación practica o Islam. Con todo tamén existe unha minoría cristiá e hindú.

Turismo[editar | editar a fonte]

Pertence ao arquipélago das illas menores da Sonda e forma parte do Parque Nacional de Komodo. Ademais, a illa é un destino popular para o mergullo. Administrativamente, forma parte da provincia de Nusa Tenggara oriental.

Desta illa provén o coñecido dragón de Komodo, un animal único no mundo que produce altos índices de turismo. Ademais, a illa é un destino popular entre os mergulladores. Administrativamente, forma parte de East Nusa Tenggara,