O dragón de Komodo (Varanus komodoensis) é unha especie de lagarto que vive nas illas de Komodo, Rinca, Flores, Gili Motang e Gili Dasami, en Indonesia central.[1] É un membro da familia dos varanos (Varanidae), e é a especie máis grande vivente de lagartos; que acada unha medida de dous a tres metros e pesa aproximadamente setenta quilogramos. A súa medida infrecuente atribúese ó xigantismo insular, xa que non hai outros animais carnívoros que poidan cubrir o nicho das illas onde viven, e tamén ó ritmo metabólico baixo do dragón de Komodo.[2][3] Como resultado do seu tamaño, estes lagartos son depredadores alfa, e dominan os ecosistemas onde habitan.[4] Malia que os dragóns de Komodo se alimentan principalmente de prea, tamén emboscan e cazan presas, incluíndo invertebrados, aves e mamíferos.
↑Chris Mattison, (1989 & 1992). Lizards of the World. Nova York: Facts on File. pp.16, 57, 99, 175. ISBN0-8160-5716-8.
↑Burness G, Diamond J, Flannery T (2001). "Dinosaurs, dragons, and dwarfs: the evolution of maximal body size". Proc Natl Acad Sci U S A98: 14518–23. PMID11724953. doi:10.1073/pnas.251548698.