Kiril Kurtev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Кирил Куртев
(Kiril Kurtev)
Bispo da Igrexa católica bizantina búlgara
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1891 en Dripchevo, Rumelia oriental, Imperio Otomán
Pasamento9 de marzo de 1971 en Kuklen, R.P. de Bulgaria
Ordes
Ordenación sacerdotal1 de xuño de 1914, por Mihail Petkov
Consagración episcopal5 de decembro de 1926, por Azanasius Khuriati
Exarca apostólico de Sofía
1926 - 1941
1951 - 1971
PredecesorYosafat Kozarov
Ivan Garufalov
SucesorIvan Garufalov
Metodiy Stratiev
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Kiril Kurtev[1] (en búlgaro: Кирил Куртев), nado o 18 de xuño de 1891 en Dripchevo (Rumelia oriental, hoxe Bulgaria) e finado o 9 de marzo de 1971 en Kuklen (provincia de Plovdiv, R.P. de Bulgaria) foi un eclesiástico greco-católico búlgaro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kiril Kurtev naceu nunha familia ortodoxa na vila de Dripchevo, entón parte de Rumelia oriental, baixo soberanía otomá. En 1901 comezou os seus estudos no mosteiro de Mustrakli, e posteriormente continuounos no colexio dos pais asuncionistas de İpsala até 1908. Posteriormente estudou no seminario de San León en Constantinopla, e o 8 de setembro de 1913 foi ordenado diácono polo arcebispo Mihail Mirov. O 1 de xuño de 1914 foi ordenado sacerdote polo bispo Mihail Petkov. Na primavera de 1924 foi nomeado axudante do administrador dos greco-católicos en Bulgaria, Yosafat Kozarov, e o 25 de xullo de 1926 foi nomeado polo papa Pío XII exarca apostólico de Sofía. Recibiu a consagración episcopal de mans do bispo de Sidón Azanasius Khuriati na basílica de San Clemente de Roma o 5 de decembro do mesmo ano. O 30 de maio de 1941 renunciou ao cargo, e foi sucedido por Ivan Garufalov, mais a morte deste en 1951 obrigoulle a retomar a súa tarefa: nese momento, ao ser o único bispo católico na República Popular de Bulgaria, polo que tamén tivo que atender aos católicos latinos das dioceses de Nikopol e Sofía e Podliv. En 1960 participou no Concilio Vaticano Segundo. Sufriu un infarto celebrando a liturxia en Kuklen o 7 de marzo de 1971, e finou dous días despois.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén Kyril Kurteff


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Yosafat Kozarov
 Exarca apostólico de Sofía 
1926 - 1941
Sucesor:
Ivan Garufalov
Predecesor:
Ivan Garufalov
 Exarca apostólico de Sofía 
1951 - 1971
Sucesor:
Metodiy Stratiev