Ivan Garufalov
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de agosto de 1887 Малко Търново |
| Morte | 7 de agosto de 1951 Sofía |
| Bispo titular | |
| 6 de xullo de 1942 – 7 de agosto de 1951 Diocese: Diocese of Lagania (en) | |
| Apostolic Exarch of Sofia (Bulgarian) (en) | |
| 6 de xullo de 1942 – 7 de agosto de 1951 | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Catolicismo |
| Educación | Pontificia Universidade Gregoriana |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1942–), sacerdote católico (1912–) |
| Orde relixiosa | Congregación Resurreccionista |
| Consagración | Kiril Kurtev |
Ivan Dimitrov Garufalov (en búlgaro: Иван Димитров Гаруфалов), nado en Malko Tarnovo (Imperio Otomán, hoxe Bulgaria) o 15 de agosto de 1887 e finado en Sofía (R.P. de Bulgaria) o 7 de agosto de 1951, foi un eclesiástico greco-católico búlgaro, exarca apostólico de Sofía entre 1941 e 1951.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ivan Dimitrov Garufalov naceu o 15 de agosto de 1887 en Malko Tarnovo, entón parte de Rumelia oriental, baixo suzeranía otomá. Logo de rematar os seus estudos básicos en Malko Tarnovo e en Sofía, entrou na Escola Superior Católica Búlgara de Edirne, onde amosou especial talento pola música sacra e foi axudante de Konstantin Kertev, director do coro da igrexa. En 1905 entrou na Congregación da Resurrección e pasou os primeiros anos en Cracovia. Entre 1908 e 1912 estudou Filosofía e Teoloxía na Pontificia Universidade Gregoriana de Roma, onde foi ordenado sacerdote o 30 de marzo de 1912 polo arcebispo Mihail Mirov.
En 1912 volveu a Edirne, e comezou a súa labor como catequista e profesor na Escola Búlgara. En 1915 foi enviado a exercer o seu ministerio a Malko Tarnovo, onde permanecería até 1940. O 16 de febreiro de 1923 un incendio esnaquizou a escola e a casa sacerdotal. O 10 de xullo de 1925 foi anfitrión de Angelo Roncalli, nomeado delegado apostólico para Bulgaria. O 1 de maio de 1931 comezou coa construción dunha nova igrexa, que rematou en 1935.
En 1941 foi seleccionado substituto do exarca Kiril Kurtev. O 6 de xullo de 1942 o papa Pío XII nomeouno exarca apostólico de Sofía e bispo titular de Lagania. Recibiu a consagración episcopal o 1 de novembro do mesmo ano de mans de Kurtev. Permaneceu no cargo até o seu pasamento en Sofía o 7 de agosto de 1951.
| Dignidades da Igrexa católica | ||
|---|---|---|
| Predecesor: Kiril Kurtev |
Exarca apostólico de Sofía 1941 - 1951 |
Sucesor: Kiril Kurtev |