Yosafat Kozarov
Йосафат Козаров (Yosafat Kozarov) | |
---|---|
Arquimandrita da Igrexa católica bizantina búlgara | |
Biografía | |
Nacemento | 1852 en Plovdiv, Eyalet de Edirne, Imperio Otomán |
Pasamento | 3 de novembro de 1925 en Sofía, Reino de Bulgaria |
Administrador apostólico de Tracia | |
1924 - 1925 | |
Predecesor | Hristofor Kondov |
Sucesor | Kiril Kurtev |
Yosafat Kozarov (en búlgaro: Йосафат Козаров), nado en 1852 en Plovdiv (Eyalet de Edirne, Imperio Otomán, hoxe Bulgaria) e finado o 3 de novembro de 1925 en Sofía (Reino de Bulgaria) foi un eclesiástico greco-católico búlgaro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Yosafat Kozarov naceu nunha familia de católicos de rito latino en Plovdiv, entón parte do eyalet de Edirne, baixo soberanía otomá en 1852.[1] Comezou os seus estudos cos capuchinos en Plovdiv, e posteriormente ingresou no seminario de rito oriental dos asuncionistas, na cidade de Edirne.[1] Logo de graduarse no seminario, fixo o seu novizado en París e en Osma, e posteriormente volveu a Edirne, onde foi ordenado sacerdote da Igrexa greco-católica.[1] Comezou o seu ministerio en Edirne e Constantinopla, e posteriormente ensinou en varias escolas de Bulgaria, especialmente en Yambol. Por motivos familiares, e co permiso da Santa Sé, en 1900 deixou a vida monástica e pasou ao clero secular.[1] En 1907 pasou a ser párroco en Pravdino.
Retirouse en 1919, mais á morte de Ivan Pishtiycki foi nomeado confesor na catedral de San Luís de Plovdiv.[1] Logo da morte do arquimandrita Hristofor Kondov, o 11 de abril de 1924, foi nomeado pro-administrador dos greco-católicos búlgaros da vigairía apostólica de Tracia, e párroco da catedral da Dormición da Virxe de Sofía.[1] Finou o 3 de novembro de 1925 en Sofía.[1]