Kevin Mitnick
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de agosto de 1963 Van Nuys, Estados Unidos de América |
| Morte | 16 de xullo de 2023 Pittsburgh, Estados Unidos de América |
| Causa da morte | cancro de páncreas |
| Outros nomes | Condor Brian Merrill Lee Nusbaum Anton Chernoff Koolher Burn Thomas Case David Stanfill |
| Educación | James Monroe High School (en) Los Angeles Pierce College (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Seguridade informática, engenharia social (pt) |
| Lugar de traballo | Las Vegas |
| Ocupación | consultor de seguridade informática, informático teórico, hacker, hacker |
| Interesado en | Rede de telefonia celular (pt) |
| Participou en | |
| World Government Summit 2016 |
|
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Outro | |
| Condenado por | mail and wire fraud (en) fraude eletrônica (pt) |
| Cronoloxía | |
| 15 de febreiro de 1995 | Arresto |
| 1995 | pena de prisión |
| novembro de 1992 | Q4469087 |
| 1988-1990 | pena de prisión |
| decembro de 1987 | Arresto |
| 1980 | cracking (pt) |
| 1980 | colonia penal |
| 1979 | cracking (pt) |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
| Sitio web | mitnicksecurity.com |
Kevin David Mitnick, nado en Van Nuys (California) o 6 de agosto de 1963 e finado en Pittsburgh o 16 de xullo de 2023[1], foi un cracker estadounidense, que iniciou a súa carreira en 1980, cando só tiña 16 anos e conseguiu romper a seguridade do sistema informático do seu instituto.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nos anos 80 e a principios dos 90 fíxose famoso por realizar continuas invasións en ordenadores de universidades, empresas de informática e telecomunicacións, a NASA e mesmo o Departamento de Defensa dos EUA, conseguindo acceder a valiosa información confidencial.
As súas fazañas custaron moitos millóns de dólares ao Goberno dos Estados Unidos. Por este motivo, a súa foto chegou a estar na lista dos delincuentes máis buscados polo FBI, que o perseguiron durante tres anos ata que o detiveron en 1995.
Tras cumprir a condena no cárcere, foi posto en liberdade en xaneiro do 2000. Mitnik tivo dende aquela absolutamente prohibido o uso de ordenadores, teléfonos móbiles, televisores ou calquera equipo electrónico capaz de conectarse a Internet. Adicouse a impartir conferencias e seminarios sobre Seguridade Informática.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Morre Kevin Mitnick, um dos maiores hackers da história". 20 de xulio de 2023. Consultado o 20 de xulio de 2023.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mitnick Security Consulting. Empresa de Kevin Mitnick (en inglés)