Keukenhof

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Avenida de tulipáns.
Primeiro plano.

Keukenhof ("Xardín da cociña", en neerlandés), é un extenso parque de máis de 32 hectáreas situado entre as localidades surholandesas de Lisse e Hillegom, nos Países Baixos. Tamén é coñecido como o Xardín de Europa.

Características[editar | editar a fonte]

Posúe unha importante colección de flores e híbridos de diferentes especies, invernadoiros (onde se venden flores, bulbos e sementes), muíños antigos, lagos, fontes e grandes paseos. Todo o complexo ten un belo tratamento artístico polo que as flores e os lagos se converten na base das súas inmensas avenidas.

Os terreos do parque atopábanse dentro das posesións da nobre Xacoba de Baviera e dise que foi ela mesma quen o bautizou con ese nome, nun dos seus habituais paseos pola zona, ao identificar o cheiro das herbas e especias coa cociña do seu palacio. Trala súa morte os terreos pasaron a mans de ricas familias de comerciantes que, conscientes do seu atractivo, no ano 1840 encargaron a diversos pintores paisaxistas un primeiro deseño do que sería o futuro parque. Para iso os autores inspiráronse fortemente no estilo inglés imperante da época e utilizaron as flores como elemento esencial do deseño.

O parque atópase subdividido en catro grandes zonas que toman nome da familia real holandesa dos Orange:

A entrada ao complexo é de pagamento. A súa visita é moi recomendable durante os quince días centrais do mes de maio (aínda que adoitan abrir oito semanas ao ano, entre mediados de marzo e finais de maio), que é cando os campos de tulipáns están en floración. Existen estacións nas localidades de Haarlem e Leiden que dispoñen de autobuses turísticos para chegar a el.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]