Kenji Mizoguchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kenji Mizoguchi
Kennedy en 1975
Nome completoGeorge Harris Kennedy, Jr.
Nacemento16 de maio de 1898
LugarToquio
Falecemento24 de agosto de 1956
LugarKyoto
Causaleucemia
SoterradoHonmon-ji Temple Cemetery
Nacionalidade Xapón
EtniaPobo xaponés
Parella(s)Lorraine Chanel (1968-1972)
Cónxuxe(s)Norma Wurman (1959-1971)
Joan McCarthy (1978-actualidade)
ProfesiónDirector
Na rede
IMDB: nm0003226 Allocine: 1489 Allmovie: p103129 TCM: 133280
Find a Grave: 16207728 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Kenji Mizoguchi (en xaponés 溝口 健二), nado en Toquio o 16 de maio de 1898 e finado en Kyoto o 24 de agosto de 1956 foi un director de cinema e guionista xaponés, considerado con Yasujirō Ozu e Akira Kurosawa o principal representante do cinema dese país.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun carpinteiro, a súa familia viuse obrigada a dar en “adopción” como gueixa á súa irmá máis vella, feito que afectou profundamente a Mizoguchi. Por falta de diñeiro tivo que deixar a escola privada e foi enviado a coidar ao seu tío en 1911. Nesa época comezou a verse afectado pola artrite reumatoide e cando volveu cos seus pais tivo que pasar un ano enteiro na cama. En 1913 a súa irmá conseguiulle un traballo deseñando patróns de quimonos e dous anos despois, ao morrer a súa nai, levouno á súa casa para coidalo.

En 1916 comezou a estudar arte e pintura occidental e comezou a interesarse pola ópera, comezando a axudar aos decoradores do Royal Theatre de Akasaka. Posteriormente tamén traballou deseñando anuncios no xornal Yuishin Nippon en Kobe.

Entrou na industria cinematográfica como actor en 1920 e tres anos máis tarde dirixiu o seu primeiro filme. Nos seus primeiros anos dirixiu rapidamente ducias de filmes. Mentres que na súa seguinte etapa, a partir de 1939 viuse interesado por filmes realistas e de carácter social, ademais dos filmes de propaganda que realizou durante a segunda guerra mundial.

Foi descuberto pola crítica internacional despois da guerra, especialmente pola revista Cahiers du cinéma e por críticos coma Jacques Rivette. En 1953 gañou o León de Prata no Festival de Venecia con Ugetsu Monogatari.

Finou aos 58 anos vítima da leucemia.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Andrew, Dudley; Andrew, Paul (1981). G.K. Hall, ed. Kenji Mizoguchi, a Guide to References and Resources. ISBN 0-8161-8469-0. 
  • Le Fanu, Mark (2005). BFI Publishing, ed. Mizoguchi and Japan. Londres. ISBN 978-1-84457-057-7. 
  • Sato, Tadao (2008). Kenji Mizoguchi and the Art of Japanese Cinema. ISBN 978-1-84788-230-1. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]