Kaze Tachinu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Kaze Tachinu
Le vent se lève logo.png
Logo título do filme.
Ficha técnica
Director Hayao Miyazaki
Produtor Toshio Suzuki
Guión Hayao Miyazaki
Baseado en Kaze Tachinu de Hayao Miyazaki
Intérpretes Hideaki Anno
Miori Takimoto
Hidetoshi Nishijima
Masahiko Nishimura
Steve Alpert
Morio Kazama
Keiko Takeshita
Mirai Shida
Jun Kunimura
Shinobu Otake
Nomura Mansai
Música Joe Hisaishi
Fotografía Atsushi Okui
Montaxe Takeshi Seyama
Estudio Studio Ghibli
Distribuidora Toho
Estrea Flag of Japan.svg 20 de xullo de 2013
Duración 126 minutos[1]
Orixe Flag of Japan.svg Xapón
Xénero Drama
Orzamento $30 000 000[2]
Recadación $136 500 000[3][4][5]

Kaze Tachinu (風立ちぬ '?) é un filme animado xaponés de drama histórico escrito e dirixido por Hayao Miyazaki e animado por Studio Ghibli. Foi lanzado por Toho o 20 de xullo de 2013 no Xapón, e por Touchstone Pictures en Norte América o 21 de febreiro de 2014.[6][7] Kaze Tachinu é unha biografía ficcionada de Jiro Horikoshi (1903–1982), o deseñador do caza Mitsubishi A5M e do seu sucesor, o Mitsubishi A6M Zero, empregados polo Imperio do Xapón durante a Segunda Guerra Mundial. O filme está adaptado do manga homónimo de Miyazaki, que á súa vez está vagamente inspirada na historia curta de 1937 The Wind Has Risen de Tatsuo Hori.[8] Foi o derradeiro filme dirixido por Miyazaki antes do seu retiro en setembro de 2013.[9] Kaze Tachinu foi o filme xaponés de maior recadación do ano 2013 e recibiu louvanzas da crítica. Gañou e foi nomeado a numerosos premios, incluíndo nomeamentos ó Oscar ó mellor filme de animación, ó Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa e ó Nippon-shō ó mellor filme de animación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. StudioCanal, ed. (31 de marzo de 2014). "THE WIND RISES (12A)". Consultado o 1 de abril de 2014. 
  2. Robles, Manuel (2013). Dolmen Editorial, ed. Antología Studio Ghibli: Volumen 2. Barcelona. p. 80. ISBN 978-8415296935. 
  3. IMDb (ed.). "Kaze tachinu". Consultado o 18 de decembro de 2015. 
  4. Box Office Mojo (ed.). "The Wind Rises (2014) - Box Office Mojo". 
  5. Box Office Mojo (ed.). "International Total Gross". Consultado o 3 de marzo de 2014. 
  6. Cunningham, Todd (27 de agosto de 2013). "Disney Will Release Hayao Miyazaki's 'The Wind Rises' in U.S.". The Wrap. Consultado o 27 de agosto de 2013. 
  7. Movie Trailers, New Movies, Upcoming Movies, Movies, 2014 Movies, Films, DVD, Blu-ray, TV, Videos, Video, Game, Clips. ComingSoon.net. Consultado o 12 de maio de 2014.
  8. Russ Fischer (21 de novembro de 2012). "Studio Ghibli Titles New Films From Hayao Miyazaki and Isao Takahata; ‘Grave of the Fireflies’ Picked Up For US Re-Release". slashfilm.com. Consultado o 24 de novembro de 2011. 
  9. Akagawa, Roy (6 de setembro de 2013). "Excerpts of Hayao Miyazaki's news conference announcing his retirement". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2013. Consultado o 5 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]