Kawagoe (川越市, かわごえし, Kawagoe-shi) é un concello xaponés da prefectura de Saitama. Está situado no centro da rexión de Kantō e ao centro-leste da prefectura, na parte leste da illa de Honshu. Ten 109,16km² de superficie, unha poboación de 338.945 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 3.110 hab./km². Kawagoe foi designada unha cidade nuclear o 1 de abril de 2003.