Saltar ao contido

Kate Raworth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKate Raworth

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de decembro de 1970 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
EducaciónUniversidade de Oxford Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEconomía, crecemento económico e Desenvolvemento sustentábel Editar o valor en Wikidata
Ocupacióneconomista, profesora universitaria Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford
Oxfam Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
23 de xaneiro de 2018Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Sitio webkateraworth.com Editar o valor en Wikidata
Twitter: KateRaworth TED: kate_raworth Editar o valor en Wikidata

Kate Raworth, nada en 1970, é unha economista inglesa da Universidade de Oxford e a Universidade de Cambridge. É coñecida pola obra Donut Economics: Seven Ways to Think Like a 21st-Century Economist na que propón un modelo de crecemento económico alternativo que equilibre as necesidades humanas esenciais e os límites planetarios.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Raworth estudou Política, Filosofía e Economía na Universidade de Oxford e completou un mestrado en Economía do Desenvolvemento.

De 1994 a 1997 Raworth traballou na promoción do desenvolvemento de microempresas en Zanzíbar como membro do Overseas Development Institute. De 1997 a 2001 traballou como economista e foi coautora do Informe sobre Desenvolvemento Humano do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, nos capítulos sobre globalización, novas tecnoloxías, consumo de recursos e dereitos humanos. De 2002 a 2013 foi investigadora sénior en Oxfam.[3] É investigadora sénior e membro do consello asesor do Environmental Change Institute da Universidade de Oxford;[4][5] así como socia principal do Cambridge Institute for Sustainability Leadership.[6]

En 2017, Raworth publicou Donut Economics: Seven Ways to Think Like a 21st-Century Economist. O estudo formula unha alternativa ao pensamento económico dominante e propón as condicións para unha economía sostible.

A economista española Carlota Sanz sinala que o modelo da economía do donut de Raworth «consta de dous aneis concéntricos: unha base social, para garantir que ninguén quede curto nas necesidades básicas, e un teito ecolóxico, para garantir que a humanidade non exceda os límites da Terra». Así mesmo, este modelo expón cambiar «o sistema dexenerativo a un que sexa rexenerativo e circular por deseño».[7]

En 2021, Raworth foi nomeada membro do Consello de Economía Saúde para Todos da Organización Mundial da Saúde, presidido por Mariana Mazzucato.

  • Kate Raworth (2017). Doughnut economics: seven ways to think like a 21st-century economist. New York, United States: Random House. ISBN 978-184794138-1.  Edición en español: Economía rosquilla 7 maneras de pensar la economía del siglo XXI. Editorial Paidos (2018). Tradutor: Francisco J. Ramos. ISBN: 9788449334030.[2]
  • Kate Raworth (2019). "Chapter 25: A new economics". En Extinction Rebellion. This Is Not a Drill: An Extinction Rebellion Handbook. Penguin Books. pp. 146–154. ISBN 9780141991443.