Karl Michahelles
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1807 Núremberg |
| Morte | 1834 Nafplio |
| Educación | Universidade de Múnic |
| Actividade | |
| Ocupación | ornitólogo, médico, herpetólogo, coleccionista de animais, zoólogo, naturalista |
| Obra | |
| Abreviatura do autor en zooloxía | Michahelles |
Karl Georg Christian Wilhelm Michahelles, nado o 5 de maio de 1807 en Núremberg, e finado o 15 de agosto de 1834 en Nauplia, Grecia, foi un médico e zoólogo alemán, especializado en ornitoloxía e herpetoloxía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desde 1827 estudou medicina na Universidade de Múnic, onde coñeceu ao naturalista Lorenz Oken.
En 1831 recibiu o seu doutoramento en Medicina e Cirurxía coa tese "Das Malo Di Scarlievo in Historischer Und Pathologischer Hinsicht".[1]
Michahelles viaxou moito a Dalmacia, Iliria e Croacia e contribuíu de forma moi importante ao coñecemento da fauna aviaria destas rexións.
Entre as especies mediterráneas que identificou, pódense citar a Sitta neumayer, especie de paseriforme da familia dos sítidos[2] e o urodelo Pleurodeles waltl, da familia dos salamándridos.[3]
Faleceu a causa dunha disentería, á idade de 27 anos, en Nauplia, Grecia, cidade onde practicou a medicina e estudou a vida salvaxe.[1]
Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]Especie dedicada
[editar | editar a fonte]Unha especie de gaivota, Larus michahellis foille dedicada en 1840 por Johann Friedrich Naumann.[6]
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Michaelles emprégase para recoñecer a Karl Michahelles como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Saecular-Feier der Naturhistorischen Gesellschaft in Nürnberg 1801-1901 Google Books by Naturhistorische Gesellschaft Nürnberg.
- ↑ GBIF Sitta neumayer Michahelles, 1830.
- ↑ GBIF Pleurodeles waltl Michahelles, 1830.
- ↑ Bibliotheca historico-naturalis: Verzeichniss der Bücher ... por Wilhelm Engelmann.
- ↑ Bibliotheca historico-naturalis: Verzeichniss der Bücher ... por Wilhelm Engelmann.
- ↑ Larus michaellis en oiseaux-birds.com (en francés), (en inglés).