Johann Friedrich Naumann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohann Friedrich Naumann

Prof. Dr. Johann Friedrich Naumann
Biografía
Nacemento14 de febreiro de 1780
Prosigk, Reino de Prusia
Morte15 de agosto de 1857
Prosigk
Lugar de sepulturaProsigk 
Datos persoais
País de nacionalidadealemá
Actividade
Campo de traballoOrnitoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónnaturalista, ornitólogo, gravador
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaNaumann Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJohann Andreas Naumann
IrmánsCarl Andreas Naumann (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Doutor Honoris causa pola Universidade de Wrocław

Johann Friedrich Naumann, nado o 14 de febreiro de 1780 en Prosigk, Reino de Prusia, e finado na mesma localidade o 15 de agosto de 1857, foi un naturalista, ornitólogo e gravador alemán.

Está considerado como o fundador da ornitoloxía na Europa central.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Johann Friedrich Naumann era fillo de Johann Andreas Naumann, un coñecido ornitólogo. Despois de asistir á escola en Dessau, regresou á súa casa e dedicouse ao estudo da agricultura, a botánica, a xeoloxía e a ornitoloxía.

Máis tarde dirixiu a súa atención especialmente á ornitoloxía, estudando as aves de Alemaña. Froito disto é a súa monumental obra Naturgeschichte der Vögel Deutschlands en 13 volumes, publicada en Leipzig en 1822, adornada con placas dun gran número de aves que el mesmo gravou.[1]

Ademis desta obra foi o autor de numerosos traballos ornitolóxicos.[2]

Algunhas obras[editar | editar a fonte]

  • Taxidermie oder die Lehre, Thiere aller Klassen am einfachsten und zweckmäßigsten für Kabinette auszustopfen und aufzubewahren. Hemmerde & Schwetschke, Halle, 1815.
  • Johann Andreas Naumann u. Johann Friedrich Naumann: Naturgeschichte der Vögel Deutschlands. Nach eigenen Erfahrungen entworfen. Fleischer, Leipzig, 1822-1866, vols. 1-13 (Grundlagenwerk der modernen Ornithologie).
  • Die Naturgeschichte der Vögel Mitteleuropas. Eds. 1897-1905.
  • Die Vögel Mitteleuropas - eine Auswahl, hrsg. und mit einem Essay von Arnulf Conradi, Frankfurt am Main 2009, ISBN 978-3-8218-6223-1.

Honores[editar | editar a fonte]

Eponimia[editar | editar a fonte]

  • A Sociedade ornitolóxica alemá chamou á súa revista Naumannia.
  • O lagarteiro das torres (Falco naumanni) foi nomeado en honor a J. F. Naumann.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Albus, Anita (2011). On Rare Birds. Greystone Books. ISBN 1-5536-5477-3. 
  2. Charles Anderson Dana, George Ripley (1861). The New American Cyclopaedia: A Popular Dictionary of General Knowledge. Nova York: Appleton & Co. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Paul Gottschalk (1926): "Johann Friedrich Naumann", en: Mitteldeutsche Lebensbilder, 1. Band Lebensbilder des 19. Jahrhunderts, Magdeburg, 1926, pp. 65–70.