Saltar ao contido

Ha'apai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaHa'apai
Imaxe
Tipogrupo de illas Editar o valor en Wikidata
Parte dexeografía de Tonga Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaHaʻapai (distrito), Tonga (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 19°47′00″S 174°27′00″O / -19.7833, -174.45
Bañado porocéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.046 m Editar o valor en Wikidata
Superficie109,3 km² Editar o valor en Wikidata
Mapa do grupo Gálvez (Ha´apai)

O grupo Gálvez (Ha´apai) é o grupo central das illas de Tonga. Está situado a uns 150 km ao norte de Ámsterdan (Tongatapu). As illas principais son Lifuka e Foa, as máis poboadas, situadas case xuntas. En Lifuka, que ás veces tamén se chama Ha´apai, atópase a capital do grupo, Pangai.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

En total son 68 illas, a maioría illas baixas de coral ou atois, agás algunhas illas volcánicas entre as que destacan os volcáns activos de Tofua e Kao, e o mergullado de Fonuafo'ou, todos eles situados ao oeste do grupo. A altitude máxima localízase en Kao con 1.046 m.

A poboación total era de 8.138 habitantes no censo de 1996. A superficie total é de 109,3 km². As dúas illas de Lifuka e Foa, unidas por un paso elevado, concentran practicamente a metade da poboación, coa metade da área total sen contar os volcáns. A actividade volcánica é importante ao oeste do grupo, a 70 km de Lifuka.

O grupo Gálvez (Ha´apai) forma unha división administrativa, cun gobernador e representación ao Parlamento. Está dividido en seis distritos que inclúen dezasete illas habitadas. Xeograficamente pódense agrupar en tres subgrupos de norte a sur, máis un grupo de volcáns ao oeste:

Subgrupo Illa Poboación (1996) Área (km²) Densidade
LifukaOfolanga
Mo´unga´one1851,17158,1
Ha´ano5886,5889,4
Foa1.43413,39107,1
Lifuka2.96611,42259,7
Uoleva
´Uiha7575,36141,2
Lofanga1861,45128,3
Fotuha´a1381,14121,1
KotuKotu2220,34652,9
Ha´afeva3131,81172,9
Tungua2821,53184,3
´Ou´ua1780,98181,6
Matuku1490,34438,2
NomukaNomuka5507,1277,2
Nomuka Iki
Fonoifua1040,39266,7
Mango810,65124,6
VolcánsKao
Tofua555,630,1
Fonuafo'ou
Hunga Tonga
Hunga Ha´apai
TOTAL8.138109,3074,5

Existen catro xacementos importantes da cultura lapita nas illas Lifuka, ´Uiha, Ha´afeva e Ha´ano. Datan de hai uns 2700 anos.

O primeiro europeo en chegar, en 1664, foi o holandés Abel Tasman á illa Nomuka que bautizou como Rotterdam, como a Rotterdam de Holanda. O inglés James Cook estivo longas estancias. Na súa segunda viaxe, en 1774, visitou as illas que denominaba Anamocka (Rotterdam), Amattafoa (Tofua) e Oghao (Kao). Na súa terceira viaxe estivo once semanas, en 1777, en Lifuka onde lle ofreceron diversos banquetes e festas o cal levou a que bautizase ao grupo como illas dos Amigos (Friendly Islands), nome que durante anos se estendeu ao resto de Tonga. Tres anos máis tarde Francisco Mourelle descubriu diversas illas menores e nomeou o grupo illas Gálvez en honra a José de Gálvez ministro de Indias.

William Bligh, que xa estivera con James Cook, en 1789 de regreso de Tahití sufriu entre Lifuka e Tofua o famoso amotinamiento do HMS Bounty.

Aínda que a dinastía Tu´i Tonga de Ámsterdan Tongatapu tiña a autoridade formal sobre as illas, estaban a miúdo en guerra con Ha´apai. Logo da chegada dos misioneiros wesleyanos a Lifuka, o xefe de Ha´apai Taufa´ahau converteuse ao cristianismo. Acabou coa autoridade dos Tu´i Tonga logo de nove séculos, unificou o reino, e proclamouse rei co nome de Xurxo Tupou I, en 1845. Nun principio Pangai foi a nova capital de Tonga. O actual rei Taufa´ahau Tupou IV é o cuarto descendente.