Universo de Pokémon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Kanto (Pokémon)»)

O universo de Pokémon é un universo ficticio no que está ambientado a franquía Pokémon, a cal inclúe as historias e as obras ficticias producidas por The Pokémon Company, Nintendo, Game Freak e Creatures, Inc. O concepto do universo Pokémon, tanto nas obras de ficción como no mundo xeral de non ficción de Pokémon, provén da afección de coleccionar insectos, un popular pasatempo que o creado de Pokémon, Satoshi Tajiri, practicaba sendo neno.[1] Os xogadores da serie de videoxogos son designados como adestradores Pokémon, e teñen dous obxectivos principais (como na maioría de xogos de Pokémon): completar a Pokédex conseguindo tódalas especies de Pokémon presentes na rexión ficticia na que está ambientada o xogo e adestrar un equipo de poderosos Pokémon para batallar con outros adestradores e converterse no máis forte: o campión Pokémon. Estes temas de coleccionar, adestrar e loitar están presentes na maioría das versións de xogos da franquía Pokémon, así como na serie anime, no manga, nos filmes e en Pokémon Trading Card Game.

Malia que as batallas Pokémon entre adestradores é un tema popular no universo Pokémon, a serie tamén salienta a harmonía entre os humanos e os Pokémon. As batallas Pokémon son consideradas como unha competición deportiva na que tanto os Pokémon como os humanos se divirten. Os Pokémon rara vez sofren feridas fatais durante esas batallas e ademais poden obter remedios nos centros Pokémon, os hospitais especializados en Pokémon.

Rexións principais[editar | editar a fonte]

Mundo Pokémon world en relación co mundo real[2]
Rexión Pokémon Lugar do mundo real
Kanto
  • Illas Sevii
Kantō, Xapón
Johto Kansai, Xapón
Hoenn Kyūshū, Xapón
Sinnoh
  • Zona de batalla
Hokkaido, Xapón
Unova Nova York, Estados Unidos de América Estados Unidos
Kalos Francia
Alola  Hawai, Estados Unidos de América Estados Unidos
Galar
  • Isle of Armor
  • Crown Tundra
 Reino Unido

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Time, ed. (22 de novembro de 1999). "The Ultimate Game Freak: Interview with Satoshi Tajiri". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2001. Consultado o 22 de maio de 2010. , TimeAsia (Waybacked).
  2. "Pokémon world in relation to the real world - Bulbapedia, the community-driven Pokémon encyclopedia". bulbapedia.bulbagarden.net (en inglés). Consultado o 2020-12-28.