Julio José Casal
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Julio José Casal | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de xuño de 1889 |
Lugar de nacemento | Montevideo |
Falecemento | 7 de decembro de 1954 |
Lugar de falecemento | Montevideo |
Nacionalidade | Uruguai |
Ocupación | escritor, crítico literario e poeta |
Fillos | Selva Casal, Julio Casal Muñoz e Marynés Casal Muñoz |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Julio José Casal, nado en Montevideo o 18 de xuño de 1889 e finado na mesma cidade o 7 de decembro de 1954[1], foi un poeta e crítico uruguaio[2][3].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi cónsul de Uruguai en La Rochelle (Francia) en 1909 e na Coruña de 1913 a 1927. Na Coruña foi secretario xeral de Casa América-Galicia, unha asociación orientada ao comercio entre España e América e fundou e dirixiu a Revista de Casa América-Galicia e Alfar. Un dos máis coñecidos críticos do Uruguai, foi autor da antoloxía Exposición de la poesía uruguaya. A súa filla Selva Casal é tamén unha recoñecida poeta.
Obras[editar | editar a fonte]

Inscrición en homenaxe de Casal e da revista Alfar na rúa Real da Coruña.
- Regrets (poesía), Madrid, 1910.
- Allá lejos (poesía), Madrid, 1912.
- Cielos y llanuras (poesía), Madrid, 1914.
- Nuevos Horizontes (poesía), Madrid, 1916.
- Huerto maternal (poesía), Madrid, 1919.
- Humildad (poesía), Madrid, 1921.
- 56 poemas (poesía), Madrid, 1921.
- Árbol (poesía), A Coruña, 1925.
- Colina de la música (poesía), Montevideo, 1933.
- Exposición de la poesía uruguaya desde sus orígenes hasta 1940 (antoloxía), Montevideo, Claridad, 1940.
- Cuaderno de otoño (poesía), Buenos Aires, Losada, 1947.
- Recuerdo de cielo (poesía), Montevideo, 1949.
- Rafael Barradas (ensaio), Buenos Aires, Losada, 1949.
- Distante álamo (poesía), Montevideo, 1956.
- Poesía, Montevideo, Aquí Poesía, 1964.
- Antología de prosa y poesía, Montevideo, 1966.