Palmeira de Chile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Jubaea»)
Palmeira de Chile
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Commelinidae
Familia: Arecaceae
Subfamilia: Arecoideae
Tribo: Cocoseae
Subtribo: Attaleinae
Xénero: Jubaea
Kunth
Especie: J. chilensis
Nome binomial
'Jubaea chilensis'
(Molina)Baill.
Sinonimia

A palmeira de Chile (Jubaea chilensis) (Molina) Baill. (Tamén chamada palma chilena ou coqueiro de Chile) é a única especie vivente do xénero (monotípico) Jubaea, que se inclúe dentro da familia Arecaceae. En Galiza atopámola coma palmeira ornamental en xardíns urbanos e pazos.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

É nativa do suroeste de América do Sur, onde é endémica dunha pequena área de Chile central, entre os 30°S e 35°S correspondente á Rexión de Coquimbo, Rexión de Valparaíso, onde é máis abondosa, Rexión Metropolitana de Santiago, Rexión de O'Higgins e o norte da Rexión do Maule, cuxo clima é mediterráneo con estación seca prolongada.

Descrición[editar | editar a fonte]

A palma chilena é unha palmeira impresionante, sendo a máis corpulenta delas, acadando alturas de 25 m cun groso toro de até 1,3 m de diámetro na base, xeralmente máis angosto cara a arriba, e de casca lisa. Medra moi amodo, floreando antes dos 60 anos de idade. As follas son de forma de pluma, de 3 a 5 m de lonxitude. A xerminación da semente pode durar meses, chegando á idade reprodutiva aos 60 anos.

Cómpre de invernos suaves, mais pode tolerar xeadas de até −15 °C, facéndoa unha das palmeira de folla en forma de pluma máis resistentes; pode tamén aturar veráns relativamente frescos.

Na actualidade atópase no seu ambiente natural en outeiros de beiramar, coma nos arredores da cidade de Valparaíso, salientando os palmeirais de Ocoa (70.000 exemplares) no Parque Nacional La Campana e no Cocalán (35.000 exemplares), Rexión de Valparaíso.

En Chile atópase protexida so o Decreto Lei N° 701 de 1974, que establece que a talla ou explotación debe executarse segundo un plan de manexo, aprobado pola Corporación Nacional Forestal de Chile (CONAF).

Produtos a partir da palmeira de Chile[editar | editar a fonte]

No Chile ao seu froito chámanlle coquito e é utilizado en confeitaría. Do seu tronco extráese o mel de palma, que é un almibre ou caldo de azucre doce utilizado en sobremesas ou con froita. Para extraer o mel de palma hai que tallar a planta, o que tivo unha gran repercusión nas súas poboacións. Na actualidade, extráese de xeito sustentábel plantando palmas ao tempo que se cortan as máis idosas.

Árbore senlleira en Galiza[editar | editar a fonte]

A palmeira de Chile do Pazo de Meirás, en Sada (A Coruña) aparece no catálogo de árbores senlleiras de Galicia.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Jubaea chilensis foi descrita por (Molina) Baill. e publicado en Histoire des Plantes 13: 397. 1895.[3]

Etimoloxía

Jubaea: nome xenérico outorgado en honra do rei Xuba II da Mauritania (52 a 50 a. C. - 23).[4]

Chilensis: epíteto xeográfico que alude á súa localización no Chile.

Sinonimia
  • Cocos chilensis (Molina) Molina
  • Jubaea spectabilis Kunth
  • Micrococos chilensis (Molina) Phil.
  • Molinaea micrococos Bertero
  • Palma chilensis Molina[5]
Espécime de palma chilena (Jubaea chilensis), no Real Xardín Botánico de Kew, é a planta interior máis alta do mundo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hechenleitner V., P., M. F. Gardner, P. I. Thomas, C. Echeverría, B. Escobar, P. Brownless & C. M. A. 2005. Plantas Amenazadas del Centro-Sur de Chile. Pl. Amenaz. C.-S. Chile 187 pp.
  2. Sinónimos en Kew Consultado o 1º de agosto de 2009
  3. "Palmeira de Chile". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 21 de agosto de 2013. 
  4. (J. Dransfield, N. Uhl, C. Asmussen, W.J. Baker, M. Harley and C. Lewis. 2008)
  5. "Jubaea chilensis (Molina) Baill.". www.catalogueoflife.org. Consultado o 2022-02-21. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Henderson, A., G. A. Galeano & R. Bernal. 1995. Field Guide Palms Amer. 1–352. Princeton University Press, Princeton, New Jersey.
  2. Marticorena, C. & M. Quezada. 1985. Catálogo de la Flora Vascular de Chile. Gayana, Bot. 42: 1–157.
  3. Pintaud, J.-C., G. A. Galeano, H. Balslev, R. Bernal, F. Borchsenius Kristensen, E. J. L. Ferreira, J. J. de Granville, K. Mejía C., B. Millán, M. Moraes R., L. R. Noblick, F. W. Stauffer & F. Kahn. 2008. Las palmeras de América del Sur: diversidad, distribución e historia evolutiva. Revista Peruana Biol. 15(supl. 1): 7–29.
  4. Zuloaga, F. O., O. N. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las plantas vasculares del Cono Sur. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107: 3 Vols., 3348 p.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]