Saltar ao contido

Juan de Torquemada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan de Torquemada

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1388 Editar o valor en Wikidata
Valladolid, España Editar o valor en Wikidata
Morte26 de setembro de 1468 Editar o valor en Wikidata (79/80 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Cardeal bispo de Sabina (Vescovio)
5 de maio de 1463 – 26 de setembro de 1468
← Isidoro de KíivBasilio Besarión →
Bispo de Ourense
26 de xaneiro de 1463 – 8 de xuño de 1466
← Pedro de Silva y TenorioAlonso López de Valladolid →
Administrador apostólico
31 de xullo de 1460 – 26 de xaneiro de 1463
← Fortún Velázquez de CuéllarGiacopo Antonio Venier →
Cardeal bispo de Palestrina
8 de abril de 1460 – 5 de maio de 1463
← Giorgio FieschiAlain de Coëtivy →
Abade abadía territorial de Subiaco
O suxeito ten un papel: abade comendatario
1456 – 1468
Camarlengo do Colexio Cardenalicio
7 de outubro de 1446 – 7 de outubro de 1447
← Paulo IIGiorgio Fieschi →
Cardeal presbítero Santa Maria en Trastevere
setembro de 1446 – 8 de abril de 1460
← Gerardo Landriani CapitaniAmico Agnifili →
Bispo de Ourense
11 de xullo de 1442 – 10 de novembro de 1445
← Diego RapadoGarcía Martínez de Bahamonde →
Bispo de Cádiz
27 de xullo de 1440 – 11 de xullo de 1442
← Juan GonzálezGonzalo Venegas →
Cardeal presbítero San Sisto
8 de xaneiro de 1440 – setembro de 1446
← Juan CasanovaPietro Riario →
Cardeal
18 de decembro de 1439 (Gregoriano) – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónSacerdote católico de rito romano, escritor, frade Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Predicadores Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónPío II Editar o valor en Wikidata
Participou en
28 de agosto de 1464conclave de 1464
16 de agosto de 1458conclave de 1458
4 de abril de 1455conclave de 1455
4 de marzo de 1447conclave de 1447 Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesTomás de Torquemada, sobriño Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron
Juan de Torquemada (en) Traducir
Biblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
BNE: XX824447 WikiTree: De_Torquemada-2

Juan de Torquemada, nado en Valladolid no ano 1388 e finado en Roma no ano 1468[1], foi un teólogo católico, relixioso dominicano e bispo e cardeal castelán. Dirixiu a diocese de Cádiz entre os anos 1440 e 1442, e de Ourense en dous períodos: de 1442 a 1445 e de 1463 a 1466[2].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Vallladolid en 1388, semella que dunha familia de xudeus conversos. Estudou filosofía e teoloxía en Salamanca e doutorouse en teoloxía en París.

No ano 1403 entrou na orde dominicana e máis tarde participou en varios concilios, sempre na defensa da autoridade papal e da ortodoxia da Igrexa católica. Polo tanto viaxou por Europa para cumprir misións diplomáticas da Igrexa.

Redactou varias obras teolóxicas.

Era tío de Tomás de Torquemada [3], inquisidor xeneral español.

Cargos eclesiásticos

[editar | editar a fonte]

O papa Uxío IV nomeouno Mestre do Sacro Pazo en 1431 e cardeal en 1439. Foi bispo de Ourense e de Cádiz.

Decretum Gratiani, 1727

Deixou escritos uns Comentarios al Decreto de Graciano, divididos en cinco partes. La Suma Eclesiástica dedicada á Nicolao V, na cal contesta aos inimigos da Igrexa e o Primado de San Pedro: cren algúns que este é o tratado da Potestad del Papa, y del Emperador, que tivo o manuscrito na súa biblioteca o Conde Duque de Olivares.

Publicou tamén libros Del agua bendita, de su virtud y eficacia; Meditaciones de la vida de Christo; Comentarios á la Regla de San Benito; Breve y útil declaración de los Salmos; Qüestiones espirituales sobre los Evangelios de todo el año, os cales distinguen algúns dos sermóns das feiras e dominicanas, e dos santos. Un Tratado contra los principales errores de Mahoma. Outro sobre la verdad de la Concepción de la Santísima Virgen. Unha Colección de sentencias de Santo Tomás sobre la autoridad del Papa y del Concilio General en respuesta al Orador del Concilio de Basilea. Un Aparato acerca del Decreto de la unión de la Iglesia Griega, publicado no Concilio de Florencia. Un Tratado de la salud del alma. Outro del Cuerpo de Christo: e outros varios que se conservan manuscritos na Biblioteca Vaticana, na biblioteca Minerva (Biblioteca Casanatense, Roma), e na biblioteca de San Lorenzo de El Escorial (Madrid).


Predecesor:
Diego Rapado
 Bispo de Ourense 
1443 - 1445
Sucesor:
Pedro Silva e Alonso López de Valladolid

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]