Juan de Fuca
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Ioannis Phokas Ἰωάννης Φωκᾶς 1536 Cefalonia, Grecia |
Morte | 1602 Cefalonia, Grecia |
Outros nomes | Apóstolos Valerianos |
Grupo étnico | grega |
Actividade | |
Ocupación | explorador |
Empregador | Reino de España |
Juan de Fuca, nado en 1536 como Ioannis Phokas (en grego Ἰωάννης Φωκᾶς) en Valerianos (Βαλεριάνος), en Cefalonia, unha das illas xónicas baixo o dominio da República de Venecia, e finado en 1602 en Cefalonia, a miúdo chamado Apóstolos Valerianos, foi un capitán grego ao servizo do Reino de España.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O avó de Focas, Emmanouíl Phokás (Ἐμμανουὴλ Φωκᾶς), fuxiu de Constantinopla á súa caída en 1453, acompañado do seu irmán Andrónikos (Ἀνδρόνικος). Os dous establecéronse primeiro no Peloponeso, onde permaneceu Andrónikos, pero en 1470 Emmanuel trasladouse á illa de Cefalonia. Iákōvos (Ἰάκωβος), o pai de Ioánnis, estableceuse na vila de Valerianos nesta illa, e chegou a ser coñecido como "Focas o Valeriano" (Φωκᾶς ὁ Βαλεριάνος) para distinguilo dos seus irmáns.[2]
Foi nesta aldea de Valerianos onde Focas naceu en 1536. Pouco se sabe sobre a súa vida antes de entrar no servizo de España, nun tempo ao redor de 1555.[3]
As primeiras viaxes de de Fuca, ás ordes de Filipe II, foron ao Extremo Oriente, e el dixo que chegou á Nova España en 1587 cando, no cabo San Lucas, na Baixa California, o corsario inglés Thomas Cavendish apoderouse do galeón Santa Ana e o depositou en terra. Fuca foi un navegante moi experimentado, perfeccionando a súa habilidade como piloto na frota española. Tamén afirmou que o rei de España recoñeceuno pola súa excelencia e fíxoo piloto da mariña española nas Antillas (título que ostentou durante corenta anos), pero non hai rexistro nos arquivos españois do seu nome ou cargo ou das súas visitas á corte real.[4] Antes de facer a súa famosa viaxe pola costa noroeste do continente norteamericano, navegou polas costas da China, Filipinas e México.
Fuca explorou as costas ao norte da Nova España e buscou o paso do Noroeste entre o océano Pacífico e o océano Atlántico. En 1592 na súa viaxe de exploración descubriu o estreito de Anián e o estreito de Juan de Fuca (que desde 1788 leva o seu nome).
A placa de Juan de Fuca, que tamén leva seu nome, é unha placa tectónica que se afunde baixo a parte norte do oeste da placa de Norteamérica, ao longo das costas dos estados estadounidenses de Oregón e Washington.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dunbabin, Thomas. "Fuca, Juan de".
- ↑ 2,0 2,1 Greek Consulate of Vancouver, "Greek Pioneers: Juan de Fuca". Arquivado 15 de marzo de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ Focas, en 1596, asegurou que estivera uns corenta anos ao servizo do rei de España.
- ↑ "British Columbia: From the Earliest Times to the Present, Chapter II, The Apocryphal Voyages, pp. 19-31, Ethelbert Olaf Stuart Scholefield, publ. S.J. Clarke, Vancouver, 1914". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2012. Consultado o 8 de maio de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biography at the Dictionary of Canadian Biography Online (en inglés).
- Apóstolos Valerianos en famousamericans.net (en inglés).
- Fuca, Juan (de) en ABC book word (en inglés).
- Juan de Fuca en Consulado de Grecia (en inglés).