Juan Rovira Tarazona
Juan Rovira Tarazona | |
---|---|
Nacemento | 5 de maio de 1930 |
Lugar de nacemento | Lleida |
Falecemento | 3 de xuño de 1990 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xurista, avogado e político |
Pai | Joan Rovira i Roure |
Premios | Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gran Cruz da Orden de Carlos lll e Gran Cruz da Orde do Mérito Civil |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Juan Rovira Tarazona, nado en Lleida o 5 de maio de 1930 e finado o 3 de xuño de 1990, foi un xurista e político español.
Biografía[editar | editar a fonte]
Fillo do que foi Alcalde de Lleifa e deputado pola Lliga Rexionalista, asasinado o comezo da guerra civil española, Joan Rovira i Roure. Licenciado en Económicas e Dereito pola Universidade de Madrid, gañou por oposición a praza de avogado do Estado. Durante o franquismo ocupou cargos de importancia no Ministerio de Facenda, chegando a subsecretario desde 1971 a 1973. Fundou o partido político Acción Rexional Estremeña que se integraría máis tarde na Unión de Centro Democrático. Foi elixido deputado polas listas deste último partido para o Congreso dos Deputados en 1977 e mantivo a reelección até 1982 cando a formación política se desintegrou. Máis tarde integrouse na entón Alianza Popular da man de Manuel Fraga Iribarne, sendo elixido de novo deputado pola Circunscrición electoral de Alacant na III Lexislatura.
Na I Lexislatura despois de aprobada a Constitución Española, foi nomeado Ministro de Sanidade e Seguridade Social por Adolfo Suárez, destacando que regulou a doazón para transplante de órganos por vez primeira en España. Cesado en 1980, pasou a ser Delegado do Goberno en Cataluña.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha Arquivado 02 de setembro de 2019 en Wayback Machine. na web do Congreso dos Deputados de España
Predecesor: Enrique Sánchez de León Pérez |
![]() Ministro de Sanidade e Seguridade Social abril de 1979 - setembro de 1980 |
Sucesor: Alberto Oliart Saussol |