Saltar ao contido

Juan Pérez Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Pérez Díaz
Biografía
Nacemento1928 Editar o valor en Wikidata
Cela, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de novembro de 2005 Editar o valor en Wikidata (76/77 anos)
Irixoa, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Irixoa
1987 – 23 de novembro de 2005 (finado no cargo)Antonio Deibe Sanmartín → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular de Galicia
Unión de Centro Democrático Editar o valor en Wikidata

Juan Pérez Díaz, nado en Cela (Irixoa) en 1928 e finado o 23 de novembro de 2005, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Traballou como tratante de madeira e no Pazo de Mariñán. Foi concelleiro en Irixoa entre 1961 e 1967. Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido concelleiro e tenente de alcalde pola UCD, que obtivo a maioría absoluta, continuando tralas municipais de 1983 por CP, que tamén logrou maioría absoluta[1].

Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da CPG e foi elixido alcalde con maioría simple, establecendo unha coalición co PSdeG-PSOE. Foi un dos alcaldes da coalición que, en xuño de 1989, respaldou o apoio de 3 dos seus deputados á moción de censura presentada polo socialista Salvador Fernández Moreda contra o popular José Manuel Romay Beccaría na Deputación da Coruña. Presentouse por Veciños de Irixoa nas municipais de 1991 e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1995 encabezou o PPdeG e mantivo a alcaldía con maioría absoluta, ó igual que en 1999 e 2003. Faleceu o 23 de novembro de 2005, e foi substituído polo tamén popular Antonio Deibe Sanmartín.


Predecesor:
Manuel Freire Vázquez
 
Alcalde de Irixoa
 
1987 - 2005
Sucesor:
Antonio Deibe Sanmartín

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou e tivo unha filla.

  1. La Voz de Galicia A Coruña, 18-6-1988, p.37

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]