El Corsario
El Corsario | |
---|---|
Localidade | A Coruña |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Corsario foi un semanario de tendencia libertaria editado na Coruña entre os anos 1890 e 1908.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Tivo tres etapas diferenciadas.
Primeira etapa
[editar | editar a fonte]Subtitulado Periódico semanal. Órgano de la Federación Coruñesa, apareceu en 1890. Actuou como voceiro anarco-colectivista da Federación Local Obrera e contou coa colaboración de Juan Antelo e Antonio Vidal Villanueva que tamén foi o seu director. Publicou 212 números e cesou a súa edición en 1893.
Segunda etapa
[editar | editar a fonte]Na segunda etapa, que comezou en 1893, vinculouse ao grupo anarquista Ni Dios ni Amo e dirixírono conxuntamente José Sanjurjo Rodríguez e o tipógrafo Marcial Lores, coa colaboración de Juan Dopico e Soledad Gustavo. Foi o único voceiro anarquista en activo en todo o Estado. Os editores do periódico acometeron unha intensa actividade editorial coa publicación, entre 1893 e 1897, dunha vintena de folletos de autores libertarios na denominada Biblioteca de El Corsario, iniciativa na que contaron coa axuda de dous anarquistas cataláns, Frederic Urales e Josep Prat. Só se publicaron 34 números, tivo numerosas suspensións gobernativas que determinaron a súa desaparición e a súa efémera substitución por El Produtor en 1896, como consecuencia da campaña emprendida polos anarquistas herculinos contra a Guerra de Cuba e a prol da súa independencia.
Terceira etapa
[editar | editar a fonte]A terceira etapa comezou en 1903, continuou como voceiro anarquista e contou coa colaboración de Juan Nó Iglesias. Rematou en 1908.
Fondos
[editar | editar a fonte]Unha colección incompleta do periódico pódese atopar no Internationaal Instituut voor Sociale Geschiedenis (Instituto Internacional de Historia Social) de Ámsterdan.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Corsario, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.