Juan Mari Lekuona
(1989) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan María Lekuona Berasategi 11 de novembro de 1927 Oiartzun, España |
Morte | 5 de decembro de 2005 (78 anos) Donostia, España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | poeta, sacerdote, escritor |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía |
Familia | |
Irmáns | Primitiba Lekuona Berasategi Julen Lekuona Berasategi Andoni Lekuona |
Premios | |
Juan Mari Lekuona Berasategi, nado en Oiartzun, Guipúscoa en 1927 e finado en Donostia o 5 de decembro de 2005, foi un poeta vasco en lingua éuscara e estudoso da literatura oral nesta lingua.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sobriño de Manuel Lekuona, presidente da Academia da Lingua Vasca. Estudou no Seminario de Vitoria e na Universidade Gregoriana de Roma. En 1953, foi ordenado sacerdote.[2] Despois dunha estadía en Roma, onde presentou a súa tese, foi nomeado párroco en Añorga, preto de Donostia. Naqueles días, leu a Gabriel Aresti, que foi o orientou na súa obra poética no sentido de compromiso social. Nesta liña é o seu primeiro libro, Mindura gaur. Despois abandonaría a poesía social, en encamiñando o seu traballo lírico para outros cursos, como Muga Beroak (Límites Quente, 1973). Teñen unha gran relevancia os seus estudos sobre a bertsolaritza. Ingresou na Academia da Lingua Vasca como académico de número en 1988. Obtivo varios premios pola súa carreira literaria, incluíndo dous Premios Euskadi de Literatura, en 1979 e 1990.[3]
Desde a procura do sentido do home e do mundo, cunha fonda raíz panteísta, evolucionou cara a un surrealismo existencia, cun estilo reflexido dándolle unha grande musicalidade ao texto. Máis adiante hai un maior hermetismo no uso das imaxe, mais sen deixar o humanismo tentando conxugar a tradición e a vangarda.[4]
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Mindura gaur (1966). Apaiztegia.
- Muga beroak (1973). Gero. (Cálidas fronteiras)
- Ilargiaren eskola (1979). Erein. (Na escola da lúa)
- Mimodramak eta ikonoak (1990). Erein. (Mimodramas e iconas)
- Ibilaldia (1996). EHU. (Itinerario)
- XX. mendeko poesia kaierak - Juan Mari Lekuona (2000). Susa.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Ahozko euskal literatura (1982). Erein. (Literatura vasca oral)
- Ikaskuntzak Euskal Literaturaz (1974-1996) (1998). Deustuko Unibertsitatea. (Estudos de Literatura Vasca)
Antoloxías
[editar | editar a fonte]- 1685eko Kopla Zaharrak (1992). Eibarko Udala.
- Oiartzungo kantutegia (1999). Oiartzungo Udala. (Cancioneiro de Oiartzun)
Biografías
[editar | editar a fonte]- Manuel Lekuona (1894-1987) (1988). Eusko Jaurlaritza.
- Manuel Lekuona Etxabeguren (1995). Eusko Ikaskuntza.
Premios
[editar | editar a fonte]- 1950 e 1951: Premio Santo Tomás en 1950 e 1951.[5]
- 1979: Premio Euskadi de Literatura, por Ilargiaren eskolan.
- 1990: Premio Euskadi de Literatura, por Mimodramak eta Ikonoak.
- 1996: Premio literatura Arantzazu, por Mundura Gaur.
- 1998: Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia[6].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ EAJ-PNV. "Fallece Juan Mari Lekuona". EAJ PNV (en castelán). Consultado o 2020-12-14.
- ↑ "Lekuona Berasategi, Juan Mari - Auñamendi Eusko Entziklopedia". aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus (en inglés). Consultado o 2020-12-14.
- ↑ "Biografía de Juan María Lekuona (Su vida, historia, bio resumida)". www.buscabiografias.com. Consultado o 2020-12-14.
- ↑ "Juan Mari Lekuona". www.epdlp.com. Consultado o 2020-12-14.
- ↑ "Juan Mari Lekuona, poeta y miembro de número de la Academia de la Lengua Vasca elmundo.es". www.elmundo.es. Consultado o 2020-12-14.
- ↑ "Premios Rosalía de Castro 2012 para Esther Vázquez, Jose Viale Moutinho, Enric Casasses e Miren Agur Meabe". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2020-12-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía de Lekuona Arquivado 17 de xullo de 2010 en Wayback Machine. (en éuscaro)