Josefa Gallego Abeledo
Josefa Gallego Abeledo | |
---|---|
Nome completo | Josefa Gallego Abeledo |
Nacemento | 1919 |
Mugardos | |
Falecemento | 8 de decembro de 2005 |
Mugardos | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
Pai | Manuel Gallego Durán |
Irmáns | María Gallego Abeledo e Juan Gallego Abeledo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Josefa Gallego Abeledo, nada en Mugardos en 1919 e finada no mesmo concello o 8 de decembro de 2005,[1] foi unha guerrilleira antifranquista galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O seu pai Manuel Gallego Durán e o seu tío Antonio Gallego Durán foron asasinados polos franquistas en 1936. Xunto cos seus irmáns María, Clementina e Juan Gallego Abeledo, coñecidos como Os Buzos, incorporouse á guerrilla. Comezou colaborando cos fuxidos. Cando a presión se fixo insoportable integrouse coa súa irmá María na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. O 20 de agosto de 1951 salvou a vida nunha redada cando estaba agochada na Cruz de Meá (Mugardos) nunha cova na casa de Dolores Loureda. Pasou tempo agochada coa súa irmá María e outros guerrilleiros no refuxio de Goente (As Pontes de García Rodríguez). O 27 de setembro de 1951 foi detida no seu domicilio dos Casás por unha confidencia. Xulgada en consello de guerra foi condenada a 23 anos de cadea, que finalmente quedaron reducidos a 10. Estivo nas prisións de Segovia e Alcalá de Henares. Ao saír pasou dous anos no País Vasco. Marchou a Francia, casou con José Fernández Dopico e instalouse en Gien. Ao enviuvar volveu casar con Henry Georges Gentiliny. Os tres últimos anos de vida pasounos en Mugardos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 9-12-2005, p. 52.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Vigo: A Nosa Terra. pp. 178–179. ISBN 978-84-8341-146-9.