María Gallego Abeledo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Gallego Abeledo
Biografía
Nacemento16 de xaneiro de 1928 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte1962 Editar o valor em Wikidata (33/34 anos)
Val do Oise, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJuan Gallego Abeledo e Josefa Gallego Abeledo Editar o valor em Wikidata

María de los Remedios Gallego Abeledo, coñecida como Marita ou Lina, nada en Vigo o 16 de xaneiro de 1928 e finada en Val do Oise en 1962, foi unha guerrilleira antifranquista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai Manuel Gallego Durán e o seu tío Antonio Gallego Durán foron asasinados polos franquistas en 1936. Xunto cos seus irmáns Josefa, Clementina, Guillermo e Juan Gallego Abeledo, coñecidos como Os Buzos, incorporouse á guerrilla. Comezou colaborando cos fuxidos facendo todo tipo de traballos. Cando a presión se fixo insoportable integrouse coa súa irmá Josefa na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Foi a compañeira de Francisco Rey Balbís. Foi comisaria política do destacamento Enrique Líster da IV Agrupación. Pasou tempo agochada coa súa irmá Josefa e outros guerrilleiros no refuxio de Goente (As Pontes de García Rodríguez). Atravesou os Pirineus en 1950 co seu compañeiro Moncho e pasou a Francia. En 1951 regresou a Galicia coa consigna de trasladar a Francisco Martínez Leira a Francia, pero este negouse[1]. En París fixo de enlace entre os comunistas franceses e españois. Morreu en Blanc-Mesil-Argenteuil (Val do Oise) en 1962 a consecuencia dun cancro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martínez, Lupe (2008). "Francisco Martínez Leira, Pancho: A historia dunha fuxida sen retorno" (PDF). Revista eumesa de estudios (15): 7–17. ISSN 1133-9608. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 20 de marzo de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]