Antonio Prieto Puga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Prieto Puga
Nacementoséculo XIX
Lugar de nacementoXunqueira de Ambía
Falecemento12 de febreiro de 1886
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncomerciante e político
editar datos en Wikidata ]

Antonio Prieto Puga, nado en Xunqueira de Ambía e finado na Coruña o 12 de febreiro de 1886, foi un comerciante e político galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Emeterio Prieto Rivas. Republicano e masón. Foi nomeado secretario do goberno civil da Coruña en 1873[2] e gobernador civil da Coruña en 1874. Foi concelleiro da Coruña. Canda Juan Fernández Latorre e José Manuel Martínez Pérez fundou La Voz de Galicia en 1882. En 1885 disolveuse a sociedade fundacional e Latorre converteuse en propietario único do diario.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 13-2-1886, p. 1.
  2. La Gacetilla de Santiago, 19-3-1873, p. 2.