Juan Carlos Suárez-Quiñones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Carlos Suárez-Quiñones

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1961 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
León, España Editar o valor em Wikidata
Delegate of the Government in Castile and León (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de León Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxuíz , xurista , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 33229

Juan Carlos Suárez-Quiñones y Fernández, nado en León en 1961, é un xuíz e político español[1]. Dende xullo de 2015 ocupa o cargo de conselleiro de Fomento e Medio Ambiente no goberno de Juan Vicente Herrera á fronte da Xunta de Castela e León[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en dereito pola Universidade de León en 1987 ingresou na carreira xudicial, foi xuíz en Benavente e Getafe e en 1991 volveu á súa cidade natal para exercer como xuíz e alí entre 2002 e 2012 foi xuíz decano e mais tamén foi membro da sala de goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León de 2004 a 2009. Deixou a carreira xudicial para entrar en política, primeiro como subdelegado do goberno en León dende o 10 de febreiro de 2012, e logo como delegado do goberno en Castela e León a partir do 10 de abril de 2015 en substitución de Ramiro Ruiz Medrano mais ao pouco, en xullo, deixouno para asumir a consellería de Fomento e Medio Ambiente[2]. Nas eleccións ás Cortes de Castela e León de 2022 encabezou a lista do Partido Popular na provincia de León[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Centeno, C. (7 de de xullo de 2015). "Los leoneses Juan Carlos Suárez-Quiñones y Fernando Rey, consejeros del nuevo gobierno de Herrera". La Nueva Crónica. Consultado o 2 de novembro de 2015. 
  2. "Consejero de Fomento y Medio Ambiente - Juan Carlos Suárez-Quiñones y Fernández". Junta de Castilla y León. Consultado o 2 de novembro de 2015. 
  3. "Mañueco y los consejeros liderarán las listas en seis provincias a la espera de cerrar la de Valladolid". Leónoticias. 5 de xaneiro de 2022.