Saltar ao contido

Juan Canalejo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Juan Canalejo Castells»)
Modelo:BiografíaJuan Canalejo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de abril de 1897 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Rivas-Vaciamadrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteexecución extraxudicial, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónMilitar e político

Juan Canalejo Castells, nado na Coruña o 27 de abril de 1897 e finado en Rivas-Vaciamadrid o 4 ou 5 de novembro de 1936,[1] foi un militar e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os seus pais Juan Canalejo Cañete e Ricarda Castells López eran donos dun forno panadería. Retirouse da carreira militar co grao de tenente de intendencia en 1929.

Entrou en contacto con Falange Española poucos días despois do mitin fundacional do Teatro da Comedia en Madrid en 1933. Logo da reorganización de mandos pola fusión en Falange Española de las JONS constituíuse o Triunvirato na Coruña do que formou parte Canalejo, así como do triunvirato provincial. No I Consello Nacional foi nomeado xefe provincial da Coruña. En 1934 reorganizou o grupo iniciando unha escalada de accións violentas e provocacións. Destacou como un escuadrista vocacional, José Antonio Primo de Rivera referiuse a el como alguén a quen lle faltaba algo de orientación teórica, o seu era a práctica da violencia.

Militante do Partido Republicano Radical de Alejandro Lerroux, foi expulsado do partido xunto ao seu irmán Antonio ao ser sorprendidos o 15 de xullo de 1934 no local social colocando pasquíns de propaganda fascista. Nese mes de xullo Ramiro Ledesma Ramos visitou a provincia, celebrándose concentracións en Bastiagueiro e Cabanas. Canalejo non acudiu á reunión porque estaba na cadea por colocar unha bandeira de Falange no local dun partido de esquerdas en Ferrol. Foi posto en liberdade poucos días antes da folga xeral revolucionaria de 1934.

Canalejo ofreceuse ás autoridades militares xunto cos seus homes para atacar os folguistas, participou en tiroteos de fustigamento aos mitins das organizacións de esquerda ou republicanas. Xunto cos seus escadristas intentou rebentar un mitin de Azaña, onde se abriu paso a golpes e pistola en man. O 1 de novembro de 1934 asaltou o Casino Republicano da Coruña e foi detido pola Garda Civil.

Jose Antonio Primo de Rivera visitou a Coruña en marzo de 1935 e anunciou que “a próxima revolución gañarana as súas camisas azuis co fusil na man”. En xuño de 1935 roubou os arquivos de afiliados a Izquierda Republicana da Coruña. En novembro de 1935, logo do II Consello Nacional, foi nomeado xefe territorial da Primeira Liña de Falange en Galicia. Este nomeamento estivo a piques de provocar a escisión de Falange en Galicia, finalizando coa división en dúas xefaturas provinciais da Xefatura Provincial de Vigo.

O CHUAC denominouse Hospital Juan Canalejo dende 1972 ata o 2008.

A vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, empuxounos á acción terrorista; realizando prácticas de tiro na praia de Bastiagueiro e noutros campamentos clandestinos. En abril de 1936 foron detidos 30 falanxistas coruñeses pola prohibición do partido decretada pola Fronte Popular. Canalejo non estaba neste grupo, debido a unha filtración e durante días escondeuse nun domicilio particular de Betanzos. Pola súa condición de ex-militar xogou un papel relevante nas relacións entre os militares simpatizantes do golpismo e a Falange. Chamado a Madrid para estas tarefas conspirativas, foi detido de novo. Nos días nos que comezou a loita por Madrid, coas tropas do bando nacional a un par de quilómetros do Cárcere Modelo, a evacuación dos presos alí retidos converteuse nun asasinato masivo, cando algunhas das expedicións de presos foron desviadas. Juan Canalejo foi dos primeiros en ser asasinado en Rivas-Vaciamadrid xunto con outros destacados dirixentes dereitistas.

O hospital da Coruña levou o seu nome dende a súa fundación en 1972 ata 2008. En 2009 decidiuse o troco do nome da rúa Juan Canalejo polo seu antigo nome de Socorro por aplicación da Lei de Memoria Histórica, o troco fíxose en 2015.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]