Juan Bautista Barthe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Bautista Barthe
Biografía
NacementoCa.1790
Guadix, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de setembro de 1853
Decoñecido.
Q65048151 Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Española.
RelixiónCatolicismo.
Coñecido porEstudos de numismática española.
Actividade
Campo de traballoHistoriografía e numismática.
Ocupaciónfuncionario , numismático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorReal Academia da Historia.
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Juan Bautista Barthe, nado probablemente en Guadix, Granada, ca. 1790 e finado o 4 de setembro de 1853, foi un historiador, numismático e anticuario español, membro da Real Academia da Historia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coñécense poucos datos sobre os primeiros anos de Barthe. O seu expediente na Real Academia da Historia indica que naceu a finais do século XVIII, cara a 1790 ou algo antes, e probablemente na vila de Guadix, na provincia de Granada.[1]

Do mesmo xeito, non hai dato ningún acerca da súa formación académica, aínda que no citado expediente e noutros informes da Academia se dá conta do seu interese pola numismática e pola epigrafía, xa antes de 1827.[1][2]

No ámbito profesional desenvolveu varios traballos na Administración local, como funcionario das Policías de Sevilla e de Xaén, e chegou a ocupar o cargo de concelleiro en Guadix en 1829. En 1843 sábese que estaba en Madrid, desempeñando o posto de conselleiro na Deputación da capital do reino, e a partir de 1850 foi administrador principal de Correos en Toledo.[1][2]

O 30 de xaneiro de 1829 foi proposto como membro correspondente da Real Academia da Historia e o 12 de febreiro de 1836 foi admitido como académico supernumerario. Na súa cerimonia de ingreso leu un discurso acerca das “causas polas que se lle deu xeralmente ao emperador Marco Aurelio o ditado de Médico”. Poucas semanas despois, o 12 de marzo do mesmo ano, a Academia nomeouno anticuario e encomendoulle a ordenación e a custodia do monetario da institución. Posteriormente, na reforma da Real Academia de 1847, cesou como académico supernumerario e pasou a ser numerario.[1][2][3]

Na Academia pretendeu continuar o proxecto de reunir tamén unha colección litolóxica, unha idea xa iniciada a mediados do século anterior, mais que non chegou a saír adiante.[1]

En paralelo á colección numismática da Academia, Barthe logrou reunir unha importante colección persoal, que foi publicada en 1854 polo tamén numismático Antonio Delgado y Hernández,[4][3] amigo del, o seu testamenteiro e o seu sucesor cando cesou como anticuario da Academia, ao se ver obrigado a abandonar Madrid polo seu destino en Toledo. Barthe deixou en herdanza a súa colección persoal á Real Academia da Historia.[1][2]

Nos traballos e informes que elaborou para a Academia amosou igualmente interese por outros temas, como a relixión e mitoloxía romanas e a relixión e mitoloxía do Antigo Exipto, e tamén sobre a conservación de monumentos, edificios e obxectos artísticos antigos,[5] sinaladamente naqueles momentos posteriores á desamortización de Mendizábal.[1]

Juan Bautista Barthe finou o 4 de setembro de 1853. Aínda que se descoñece o lugar do falecemento, suponse que debeu ser a cidade de Toledo, na que se instalou en 1850 para asumir o cargo de administrador principal de Correos, que foi o seu derradeiro destino coñecido.[1]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Almagro Gorbea, M. "Juan Bautista Barthe". Real Academia de la Historia (RAH.es).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 López García, A.; Reyes Martínez, A. (2018). Páxina 64.
  3. 3,0 3,1 Abascal, J. M.; Cebrián, R. (2005). Páxina 97.
  4. Delgado y Hernández, A. (atrib.). (1854). Catálogo de las monedas y medallas que pertenecieron a Don Juan Bautista Barthe. Imprenta de la calle San Vicente, Madrid.
  5. Abascal, J. M.; Cebrián, R. (2005). Páxina 98.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]