Juan Aparicio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Juan Aparicio López»)
Infotaula de personaJuan Aparicio

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Juan Aparicio López Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xullo de 1906 Editar o valor em Wikidata
Guadix, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de abril de 1987 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967
Procurador en Cortes
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964
Procurador en Cortes
14 de maio de 1955 – 14 de abril de 1958
Procurador en Cortes
14 de maio de 1952 – 13 de abril de 1955
Procurador en Cortes
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952
Procurador en Cortes
16 de marzo de 1943 – 24 de abril de 1946
Q36958264 Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Granada Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista , escritor , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoJuntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista
Falange Española Editar o valor em Wikidata
ProfesoresFernando de los Ríos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCarmen Jalón Gómez (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Juan Aparicio López, nado en Guadix (provincia de Granada) o 29 de xullo de 1906 e finado en Madrid o 17 de abril de 1987, foi un xornalista e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade de Granada, onde foi discípulo do socialista Fernando de los Ríos. Neses anos, e ata 1930 estivo próximo ao Partido Comunista de España, e despois participou na fundación das JONS, organización de extrema dereita obreira, grupo que posteriormente converxe coa Falange Española. En 1931 afiliouse a Falange, onde militou ata 1935, se ben volveu a militar a partir de 1937.

Ao estalar a guerra civil española, Aparicio, xa como xornalista, dirixía a publicación local La Gaceta Regional de Salamanca.

Posguerra e censura[editar | editar a fonte]

Desde 1939 é unha figura clave na reorganización da prensa franquista e en 1941 é nomeado Delegado Nacional de Prensa por Francisco Franco, posto que ten a máxima autoridade no control dos medios de comunicación. Ocupa ese cargo ata 1945, que despois muda a súa denominación polo de Director Xeral de Prensa, e onde se mantén ata finalizar a década dos cincuenta.

Aínda que del non dependía a política censora da ditadura, pois correspondía á Dirección Xeral de Propaganda, publicou en 1952 un artigo onde desprestixiaba a lingua galega a raíz do ensaio breve de Ramón Piñeiro Significado metafísico da saudade, publicado no número 1 da revista Grial, e que culminou nunha acentuación da censura ás producións ensaísticas e xornalísticas en galego[1]. Pola contra, recomendou -por mediación de Xosé Filgueira Valverde- a publicación de Cómaros verdes, o libro de poemas de Aquilino Iglesia Alvariño logo de que a obra fose secuestrada pola censura[1].

Como xornalista, foi director dos xornais El Español, Fantasía, La Estafeta Literaria e Pueblo[1]. En 1941 fundou a Escuela Oficial de Periodismo en Madrid, e en 1952 un centro homónimo en Barcelona.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estivo casado e viviu boa parte da súa vida en Torrevieja (Alacant). Nesa cidade foi o impulsor do Certame Nacional de Habaneras[2]. Foi nomeado fillo adoptivo desta vila.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Eva Estévez, "O franquismo autorizaba a poesía en galego pero non o ensaio", entrevista a Xosé Manuel Dasilva, A Nosa Terra, nº 1.335, 27 de novembro de 2008, p. 31.
  2. Inaugurada la exposición sobre el centenario de D. Juan Aparicio - Mi querida Torrevieja, Torrevieja.com, 30/4/2007