Juan Antonio Correa Calderón
Juan Antonio Correa Calderón | |
---|---|
Nacemento | 1907 |
Lugar de nacemento | Lugo |
Falecemento | 1962 |
Lugar de falecemento | Lugo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
Pai | Antonio Correa Fernández |
Irmáns | Asunción Correa Calderón e Evaristo Correa Calderón |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Juan Antonio Correa Calderón, nado en Lugo en 1907 e finado na mesma cidade en 1962, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo do médico e escritor Antonio Correa Fernández. Estudou o bacharelato no instituto de Lugo, onde dirixiu o semanario infantil El Ideal en 1917 e publicou en 1918, con outros compañeiros, a revista Juvenilia. Licenciouse en Dereito na Universidade de Oviedo. En 1931 fundou en Lugo co seu irmán Evaristo o periódico Vanguardia Gallega, do que foi director. Despois colaborou no xornal conservador Alborada.
Afiliouse á Falange luguesa en 1935 e despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado Xefe local da Falange de Lugo.
Obras[editar | editar a fonte]
- Treinta poemas en prosa para los treinta días del mes de abril, Lugo, 1933.