Alborada (Lugo)
Alborada | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Lugo |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Alborada foi un xornal publicado en Lugo entre 1931 e 1936.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu en 1931, promovido polo grupo político vinculado a José Soto Reguera. Foi suspendido por orde gobernativa.
Segunda etapa
[editar | editar a fonte]Reapareceu o 23 de agosto de 1935[1] co subtítulo Diario de Galicia. Segundo a súa propia declaración de principios, pretendía ser un periódico "de Dios y para Dios, un periódico de España y para España, un periódico de Galicia y para Galicia". Diario monárquico, dirixido por Gutiérrez Flórez e despois por José Cedrón del Valle, o administrador era Julio Aller Pavía. Foi un intento do grupo de José Calvo Sotelo de dispoñer dun diario propio na provincia de Lugo. Juan Antonio Correa Calderón e Jesús Carracedo figuraron entre os seus colaboradores; Salvador Pérez-Labarta Pillado era o correspondente en Viveiro e Antonio López Sánchez en Santiago de Compostela.[2] Tivo escasa audiencia. Cesou por suspensión gobernativa, o 31 de maio de 1936.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Alborada". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.