Saltar ao contido

Antonio Correa Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Correa Fernández

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de abril de 1862 Editar o valor en Wikidata
Baralla Editar o valor en Wikidata
Morte18 de setembro de 1907 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Lugo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosAsunción Correa Calderón, Evaristo Correa Calderón, Juan Antonio Correa Calderón Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 106117 Galiciana: 96995 BNE: XX1142441 BUSC: correa-fernandez-antonio-1862-1907

Antonio Correa Fernández, nado en Baralla o 3 de abril de 1862 e finado o 18 de setembro de 1907, foi un médico, escritor e xornalista galego e un recoñecido rexionalista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1888. Conseguiu o título de doutor en Madrid en 1889, coa tese "Hospitalización de los tísicos o tuberculosos pulmonares" que publicou en libro o ano seguinte. Despois pasou a exercer na súa vila e máis tarde a Lugo, onde foi o primeiro médico en abrir consulta xinecolóxica.[1]

Colaborou nos xornais El Lucense e despois en La Idea Moderna e El Regional. En 1900 fundou e dirixiu o semanario El Monitor de Becerreá. Tamén colaborou en El Siglo Médico e El Diario Médico-Farmacéutico.

Foi académico correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Barcelona e da Real Academia de Medicina de Madrid. Foi fundador[2] e un gran propagandista do balneario de Guitiriz, onde chegou a ser xerente.[1]

Casado con Filomena Calderón López, foi o pai de Asunción, Juan Antonio e Evaristo Correa Calderón.

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • Los contrastes de la vida, 1887 (publicada por entregas no xornal El Lucense).
  • Hospitalización de los tísicos o tuberculosos pulmonares (1890). Lugo: Impr. J.M. Bravos.
  • Ensayo de topografía médica de la provincia de Lugo (1891). Lugo: Impr. de El Regional.
  • Estudio médico de los Insectos nocivos al hombre (1894). Lugo: Impr. J.M. Bravos.
  • Los pecados y vicios capitales en el concepto médico, social y religioso (1898). Lugo: Establecimiento tipográfico de G. Castro.
  • Tratamiento a que deben someterse los delincuentes.
  • El trabajo y la salud. Influencia recíproca de estos factores en la duración de la vida humana (1907). Lugo: Tip. J.A. Menéndez. 
  • Minas de la provincia y ferrocarriles más económicos para su explotación, 1900.
  • Historia fin de siglo, 1902.
  • La poesía popular en Galicia. Colección de cantares en variedad de metros, 1907 (publicado como folletín en La Idea Moderna).
  1. 1 2 Pardo de Neyra, Xulio. "Evaristo Correa Calderón". Consello da Cultura Galega. Álbum das Irmandades da Fala. Consultado o 24-10-2017.
  2. Fraga Vázquez, Xosé A. (2013). "Antonio Correa Fernández". Álbum da Ciencia. Consello da Cultura Galega. Arquivado dende o orixinal o 25-10-2017. Consultado o 24-10-2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]