Jozef Štibrányi
Aparencia
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 11 de xaneiro de 1940 Vlčkovce, Eslovaquia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Checoslovaquia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 1962 | Mundial de Fútbol Chile 1962 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Jozef Štibrányi, nado en Vlčkovce, República Eslovaca, o 11 de xaneiro de 1940, é un exfutbolista eslovaco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militou en varios equipos checoslovacos como o Spartak Trnava ou o Dukla Praha e foi internacional coa selección de Checoslovaquia. Disputou o Mundial de 1962 en Chile, formando parte do combinado checoslovaco que alcanzou a final, perdendo contra o Brasil de Garrincha e Pelé. Marcou un gol durante o torneo, na vitoria por 1-0 contra España no estadio Sausalito de Viña del Mar,[1] chegando só á área e superando cun disparo bombeado ao porteiro vasco Carmelo Cedrún.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Checoslovaquia 1-0 España 1962". FIFA (en inglés). Consultado o 2 de abril de 2022.
- ↑ Checoslovaquia 1-0 España 1962 (YouTube) (en castelán). 2010. Consultado o 2 de abril de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador no sitio web da Asociación de Fútbol da República Checa (en checo).