José Pérez Brey
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de marzo de 1889 Santiago de Compostela, España |
Morte | maio de 1946 (57 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
José Pérez Brey, nado en Santiago de Compostela o 15 de marzo de 1889[1] e finado na mesma cidade en maio de 1946,[2] foi un mestre e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Curmán de Pedro Brey Guerra, foi testemuña da súa voda en xuño de 1917.[3] Foi mestre interino de Eidián (Agolada) de 1920 a 1925,[4] de Caldas de Reis en 1925,[5], San Cosme de Abeancos (Melide) en 1926,[6] Pezobrés (Santiso) en 1927,[7] e Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) en 1931.[8] Aprobou as oposicións en 1931 e foi destinado a Pinol (Sober),[9] de onde pasou a San Vicente de Castillón (Pantón), e dende 1935 foi mestre de Cabreira (Maianca, Oleiros).
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo en decembro.[10] Depurado, foi acusado de anarquista, pola súa novela Luz y Basilio publicada en 1930, e comunista por constituír unha entidade "bajo pretesto de agrarismo", e foi separado do servizo e baixa na escala en xullo de 1940.[11] Revisado o seu expediente de depuración, foi sancionado coa suspensión de emprego e soldo por dous anos e traslado fora da provincia en xuño de 1941.[12] En agosto de 1944 foi trasladado a Vilalba.[13] A súa novela Luz y Basilio foi considerada anarquista pola censura franquista e foi prohibida.
Obra
[editar | editar a fonte]- Luz y Basilio. Novela, 1930.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 106.
- ↑ El Correo Gallego, 7-5-1946, p. 5.
- ↑ El Eco de Santiago, 25-6-1917, p. 2.
- ↑ Diario de Pontevedra, 7-5-1920, p. 2.
- ↑ El Progreso, 1-9-1925, p. 2.
- ↑ El Ideal Gallego, 5-1-1926, p. 2.
- ↑ El Ideal Gallego, 11-10-1927, p. 6.
- ↑ El Progreso, 2-4-1931, p. 2.
- ↑ El Magisterio Español, 19-1-1932, p. 10.
- ↑ El Compostelano, 17-12-1936, p. 2.
- ↑ El Compostelano, 9-7-1940, p. 2.
- ↑ Boletín Oficial da Provincia da Coruña, 26-6-1941, p. 2.
- ↑ El Compostelano, 9-8-1944, p. 2.
- ↑ Luz y Basilio