José Pérez Brey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Pérez Brey
Nacemento15 de marzo de 1889
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecementomaio de 1946
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e escritor
Na rede
Galiciana: 243293
editar datos en Wikidata ]

José Pérez Brey, nado en Santiago de Compostela o 15 de marzo de 1889[1] e finado na mesma cidade en maio de 1946,[2] foi un mestre e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Curmán de Pedro Brey Guerra, foi testemuña da súa voda en xuño de 1917.[3] Foi mestre interino de Eidián (Agolada) de 1920 a 1925,[4] de Caldas de Reis en 1925,[5], San Cosme de Abeancos (Melide) en 1926,[6] Pezobrés (Santiso) en 1927,[7] e Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) en 1931.[8] Aprobou as oposicións en 1931 e foi destinado a Pinol (Sober),[9] de onde pasou a San Vicente de Castillón (Pantón), e dende 1935 foi mestre de Cabreira (Maianca, Oleiros).

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo en decembro.[10] Depurado, foi acusado de anarquista, pola súa novela Luz y Basilio publicada en 1930, e comunista por constituír unha entidade "bajo pretesto de agrarismo", e foi separado do servizo e baixa na escala en xullo de 1940.[11] Revisado o seu expediente de depuración, foi sancionado coa suspensión de emprego e soldo por dous anos e traslado fora da provincia en xuño de 1941.[12] En agosto de 1944 foi trasladado a Vilalba.[13] A súa novela Luz y Basilio foi considerada anarquista pola censura franquista e foi prohibida.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Luz y Basilio. Novela, 1930.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 106. 
  2. El Correo Gallego, 7-5-1946, p. 5.
  3. El Eco de Santiago, 25-6-1917, p. 2.
  4. Diario de Pontevedra, 7-5-1920, p. 2.
  5. El Progreso, 1-9-1925, p. 2.
  6. El Ideal Gallego, 5-1-1926, p. 2.
  7. El Ideal Gallego, 11-10-1927, p. 6.
  8. El Progreso, 2-4-1931, p. 2.
  9. El Magisterio Español, 19-1-1932, p. 10.
  10. El Compostelano, 17-12-1936, p. 2.
  11. El Compostelano, 9-7-1940, p. 2.
  12. Boletín Oficial da Provincia da Coruña, 26-6-1941, p. 2.
  13. El Compostelano, 9-8-1944, p. 2.
  14. Luz y Basilio

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]