José Luís Pires Laranjeira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1950 (73/74 anos) Melgaço, Portugal |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Portugal |
Educación | Universidade do Porto |
Actividade | |
Ocupación | profesor universitario |
Lingua | Lingua portuguesa |
José Luis Pires Laranjeira, nado en 1950 en Melgaço, Portugal,[1] é un profesor e escritor portugués especializado nas literaturas africanas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Instituto Alexandre Herculano do Porto e licenciouse en Estudos Portugueses (Universidade do Porto, 1980), Mestrado en Literaturas Africanas e Brasileira (Universidade de Lisboa, 1985) e Doutor en Literaturas Africanas (Universidade de Coímbra, 1994). Efectuou unha estadía de pos-doutoramento na Universidade de Cergy-Pontoise (París, 1998 e 1999).
Ten o doutoramento en Literaturas Africanas pola Facultade de Letras da Universidade de Coímbra (FLUC) onde exerceu de Profesor Associado. É tamén responsábel das cadeiras de Literaturas Africanas de Lingua Portuguesa, desde 1981, e tamén de Culturas Africanas.[2] Ensina tamén literatura brasileira, cultura brasileira e estudos culturais (Universidade de Salamanca, FLUC etc.).[3] É o decano dos profesores de Literaturas Africanas en Portugal.
Creou en Coímbra o Mestrado e a Pos-graduación de Literaturas e Culturas Africanas e da Diáspora (2001-2005) e foi profesor no mestrado en Relacións Interculturais da Universidade Aberta (Porto, 1996-2000). Foi profesor convidado da Universidade de Salamanca (1996-1997), inaugurando o ensino de Literaturas Africanas de Lingua Portuguesa, ensinando tamén Historia do Brasil, Cultura Brasileira e Literatura Brasileira. Participou, ademais, no Laboratorio de Estudos Afro-Brasileiros da Universidade Estadual de Londrina. Dirixiu na Universidade de Salamanca o Curso Extraordinario: “Literaturas africanas y poscolonialidad: tradición, tragedia, género y derechos humanos”[4]. Dirixiu teses e participou en múltiples palestras e actividades.[5]
Foi xornalista en Luanda (1974) e no Porto (1977-1983). Exerceu a crítica lieraria nos xornais Diário de Luanda e A Província de Angola (1972-1974), África (Lisboa, anos 1980-1990) e do Jornal de Letras, Artes & Ideias (Lisboa, 2002-2012). Coordenou (con Ernesto Rodrigues e José Viale Moutinho) os tres volumes de Atualização (2002-2003) do Dicionário das Literaturas Portuguesa, Galega e Brasileira dirixido por Jacinto do Prado Coelho, na Editora Figueirinhas (Porto), tendo escrito cerca de 440 entradas de Literaturas Africanas e Brasileira. Dirixiiu uma colección de ensaios sobre literaturas e culturas africanas, na Editora Novo Imbondeiro, de Lisboa (2001-2007), e uma breve colección de ficción brasileira da Editora Figueirinhas, do Porto (2003-2005).[6] As súas investigacións diríxense á Historia, Sociedade, Política e Cultura e ás Literaturas Africanas, alén do estudo de aforismos e outros textos curtos en várias culturas e tamén algús aspectos de culturas orientais e do Medio Oriente.[7]
As categorias da poesia (com referências à negritude) é a súa contribución nos Estudos dedicados a Carvalho Calero, Vol. II (ed. de José Luís Rodríguez), 2000. Participou nas X Jornadas do Ensino - Escola de Verão da Galiza e Portugal (1986): Literaturas africanas de língua portuguesa: problemas de análise textual. En 1987 no Encontro sobre Castelao: Castelao e a Lusofonia.[8] Colaborou nos Cadernos de Literatura e Diversidade, v. 10, 1981: "Conflitos sociais nas literaturas africanas de língua portuguesa". En Agália, v. 4, 1985: "A linguagem poética da angolanidade".
Publicacións
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Literatura calibanesca 1(1985). Porto: Afrontamento. 142 p .
- De letra em riste. Identidade, autonomia e outras questões na literatura de Angola, Cabo Verde, Moçambique e S. Tomé e Príncipe (1992). Porto: Afrontamento. 107 p .
- Literatura africana de expressão portuguesa (1995). c/ Inocência Mata e Elsa R. dos Santos. Lisboa, Universidade Aberta. 423 p.
- A negritude africana de língua portuguesa (1995). Porto, Afrontamento. 533 p.
- Identidades (1996). ed. Coimbra: A Mar Arte/D-G/AAC. 117 p.
- Ensaios afro-literários (2001). 2ª ed. 2005). Lisboa, Novo Imbondeiro. 222 p.
- Cinco povos cinco nações. Estudos de literaturas africanas,(2007). Con Maria João Simões & Lola Geraldes Xavier (orgs.). Lisboa, Novo Imbondeiro.
- Santa Barbara Portuguese Studies. Vol. 10 - "As Literaturas Africanas de Língua Portuguesa" (English and Spanish Edition) (2008). De João Camilo dos Santos (Editor) Pires Laranjeira e Lola Geraldes Xavier (org.) (Author), João Camilo dos Santos (Editor). Center for Portuguese Studies, Santa Barbara. ISBN 978-0978817978.
- A noção de ser. Textos escolhidos sobre a poesia de Agostinho Neto (2014). (org. c/ Ana T. Rocha). Luanda : Fundação Dr. António Agostinho Neto.
Poesía
[editar | editar a fonte]- Vinte e seis poemas iniciais (1971). Coimbra: Livros Sem Editor. 56p .
- As portas do corpo (1980).Porto: Oiro do Dia. 35p .
- As figuras de estilo e outras figuras (1990). Pontevedra/Braga, Fundação Europeia Viqueira. 178 p.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Laranjeira, Pires 1950". worldcat.org. Consultado o 14/03/2020.
- ↑ Coimbra, Universidade de. "Faculdade de Letras". Faculdade de Letras (en portugués). Consultado o 2020-03-14.
- ↑ "Conferência com o Prof. Doutor Pires Laranjeira (Universidade de Coimbra)". www.fflch.usp.br (en portugués). Consultado o 2020-03-14.
- ↑ admin (2014-04-07). "Curso Extraordinario: "Literaturas africanas y poscolonialidad: tradición, tragedia, género y derechos humanos" // Dr. José Luis Pires Laranjeira (Universidad de Coimbra, Portugal)". Posgrado en Letras // Campo de Conocimiento: Literatura Comparada (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2020. Consultado o 2020-03-14.
- ↑ "Relatório de Licença Sabática de 1-9-2016 a 6 de 2 de 2017 (de José Luís Pires Laranjeira)" (PDF). www.uc.pt/fluc. Consultado o 14/03/2020.
- ↑ "Aula inaugural do semestre terá presença do professor Pires Laranjeira, da Universidade de Coimbra. Letras". www.letras.bh.cefetmg.br. Consultado o 2020-03-14.
- ↑ "Universidade de Coimbra - - Pires Laranjeira". www.uc.pt. Consultado o 2020-03-14.
- ↑ "José Luís Pires Laranjeira". Escavador (en portugués). Consultado o 2020-03-14.