José Julio Fernández Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Julio Fernández Rodríguez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1970 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
A Rúa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista , investigador , politicólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela (2018–)
Universidade de Santiago de Compostela (2003–)
Universidade de Santiago de Compostela (1998–2003)
Universidade de Santiago de Compostela (1997–1998) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 4615 Dialnet: 168919


José Julio Fernández Rodríguez, nado na Rúa en 1970, é un xurista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É catedrático de Dereito Constitucional na Universidade de Santiago de Compostela.

Foi valedor do Pobo de Galicia entre maio de 2012 e setembro de 2015. Así mesmo, director do Centro de Estudos de Seguridade da Universidade de Santiago de Compostela. Antigo membro da Xunta Electoral de Santiago de Compostela.

Asistiu como experto a diversos programas xurídicos internacionais de cooperación e de fortalecemento institucional (Perú, Turquía).

Cruz do Mérito Naval con distintivo branco (Reino de España). Doutor Honoris Causa pola Universidade Antonio Guillermo Urrelu.


Predecesor:
Benigno López
 Valedor do Pobo 
2012 - 2015
Sucesor:
Milagros Otero

Obra[editar | editar a fonte]

Autor de numerosas publicacións científicas sobre teoría da constitución, dereitos fundamentais, xustiza constitucional, Internet, estado autonómico, seguridade e defensa.[1]

Á marxe da súa actividade académica, é autor dos libros de poesía en lingua castelá e lingua galega respectivamente: Lejana Transparencia (Follas Novas, Santiago de Compostela, 2012) e Feitizo crepuscular (2013), e do conto infantil Astropal. Un cometa con corazón (Hércules de Edicións, A Coruña, 2015).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]