Saltar ao contido

Josep Pellicer i Bru

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosep Pellicer i Bru
Biografía
Nacemento18 de maio de 1925.
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xaneiro de 2019
Sant Cugat del Vallès.
Cataluña.
Presidente Asociación Numismática Española
1996 – 2019
Vicepresidente Societat Catalana d'Estudis Numismàtics
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Española
Q89547790- Presidente da ANE.
- Fundador da SCEN.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático Editar o valor en Wikidata
Premios
- (1965) Premio Javier Conde Garriga (ANE).
- (1978, 1984) Premio Presidencial (ANE).
- (2018) Excelente ao Mérito Numismático (ANE).

BNE: XX1135579 Dialnet: 147495

Josep Pellicer i Bru, nado o 18 de maio de 1925 en Barcelona e finado o 19 de xaneiro de 2019 en Sant Cugat del Vallès, foi un numismático catalán.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A infancia de Josep Pellicer estivo marcada polos rigores da posguerra española, que lle impediron acadar unha formación máis aló dos estudos básicos. Nesa época comezou o seu interese pola numismática, a partir dun conxunto de moedas regaladas por un familiar.[2]

Pellicer desenvolveu a súa vida profesional no sector téxtil, inicialmente como técnico do algodón e logo participando na creación de varias empresas do sector e con cargos de responsabilidade nalgunhas delas.[3]

A súa carreira numismática estivo moi vinculada á Asociación Numismática Española (ANE). En 1957 afiliouse a esta entidade e dous anos máis tarde entrou na súa xunta directiva como vogal. Accedeu á vicepresidencia en 1975 e presidiuna durante 23 anos, desde 1996 ata o seu pasamento en 2019.[1][3][4]

A partir de 1983 foi, así mesmo, o director da publicación periódica da ANE, Gaceta Numismática.[3]

Pellicer pertenceu tamén a outras entidades de índole numismática. En Cataluña foi un dos membros fundadores da Sociedade Catalá de Estudos Numismáticos (Instituto de Estudos Cataláns), da que chegou a ocupar a súa vicepresidencia. Ademais, foi nomeado socio de honra da Asociación Numismática de Portugal e membro correspondente do Instituto de Numismática e Historia de San Nicolás de los Arroyos, da Arxentina.[1][3]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Josep Pellicer foi autor prolífico; publicou ducias de artigos en revistas numismáticas do seu tempo, máis de 80 deles en Gaceta numismática, entre os anos 1967 e 2018), e outros en cabeceiras como Acta Numismàtica, Crónica Numismática, Numisma, Revue numismatique, e en obras conxuntas e actas de congresos e simposios. Tamén publicou un bo número de traballos monográficos, entre os que figuran os seguintes[7][8]

  • (1965). Los reales de a 5, medios duros acuñados en Cataluña durante la guerra de separación 1640-1659. Asociación Numismática Española (ANE), Barcelona.
  • (1971). El medio duro. España, provincias de América e Imperio. X. & F. Calicó, Barcelona.
  • (1971). La introducció del marc reial de Barcelona i Sardenya.
  • (1975). Glosario de maestros de ceca y ensayadores. Ensayo de ordenación alfabético-cronológica. ANE, Barcelona.
  • (1988). Al-Andalus. Las fuentes y la numismática. ANE, Barcelona.
  • (1992). Memorial del Pleyto de Mil y Quinientas de Gaspar Ruiz. ANE, Barcelona.
  • (1997). Glosario de maestros de ceca y ensayadores (siglos XIII-XX). Museo Casa de la Moneda (MCM), Madrid. ISBN 978-8489157095
  • (1997). Repertorio paramétrico-metrológico antiguo. ANE, Barcelona. / MCM, Madrid.
  • (1999). Repertorio paramétrico metrológico medieval de los reinos hispánicos. ANE, Barcelona. / MCM, Madrid. ISBN 84-930134-1-2
  • (2007). Referencias monetarias en la documentación del archivo de la Catedral de Córdoba, siglo XIV (con M. Nieto et al.). ANE, Barcelona. ISBN 9788493013455
  • (2008). Las acuñaciones y quiebras monetarias de Alfonso X y Sancho IV 1252-1284-1295. ANE, Barcelona. ISBN 9788493013462
  • (2010): Ensayadores: las emisiones monetarias hispanicas (s. XV-XX). ANE, Barcelona. ISBN 978-8493013479
  • (2011). Metrología. Diccionario descriptivo. ANE, Barcelona. ISBN 978-84-93013-48-6
  • (2013). Aproximación a la metrología peninsular (siglos IX-XII). ANE, Barcelona. ISBN 978-84-941399-0-1
  • (2015). El gran llegat foceu (VI-II aC.). Metrologia monetària i mercadera. ANE, Barcelona. ISBN 978-8494139949
  1. 1,0 1,1 1,2 "Josep Pellicer i Bru". Enciclopèdia Catalana.
  2. Gómez Ventayol, C. (2019).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Martínez Gallego, J. M. (2014) Arquivado 27 de outubro de 2020 en Wayback Machine..
  4. Pellicer i Bru, J.; Casas Plá, J. (2005). ANE 50 aniversario 1955 - 2005. Asociación Numismática Española. DL: B-9713-2005
  5. "Ganadores del premio Javier Conde Garriga". Asociación Numismática Española (Numisane.org).
  6. "Relación de concesiones medalla premio "Excelente al Mérito Numismático". Asociación Numismática Española (Numisane.org).
  7. "Bibliografía de Josep Pellicer i Bru". Asociación Numismática Española.
  8. "Pellicer i Brú, Josep 1925- Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]